mércores. 30.04.2025
El tiempo

Estas son as empresas que adquiriron 5 novas parcelas no polígono industrial da Laracha, e unha nos de Vimianzo e Muros

Martinez y Villar no poligono de Vimianzo
Imaxe da nave de Martínez y Villar no polígono de Vimianzo
Estas son as empresas que adquiriron 5 novas parcelas no polígono industrial da Laracha, e unha nos de Vimianzo e Muros

A Sociedad Estatal Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) vén de anunciar a adxudicación de oito novas parcelas nos tres parques empresariais que xestiona na Costa da Morte: cinco na Laracha, e un en cada un dos polígonos industriais de Vimianzo e Muros.

A Laracha, polo de crecemento

As 5 novas parcelas axudicadas na Laracha demostran o potencial deste polígono. As empresas que se instalarán son:

  • A empresa bergantiñá Construciones López Cao foi a adxudicataria dunha parcela de 1200 metros cadrados.
  • Cabliseña, especializada no deseño e instalación de iluminación para eventos, adquire unha superficie idéntica no bloque C2 do polígono.
  • Manuel Zas Ares Industrias Cee caldeiraría e mecanización ocupará un terreo 7869 metros cadrados; e por último,
  • Attrezattura Deporte Saúde e Lecer, empresa de eventos, acadou dúas parcelas en total 2.400 metros cadrados.

En Vimianzo e Muros

No parque empresarial de Vimianzo, os emprendedores Darío Martínez e Beatriz Villar (Martínez y Villar S.C e Hostelfrío) adquire unha parcela de 691 metros cadrados para aumentar a súa empresa de frío industrial.

Pola súa parte David Lestón Iglesias obtén outros 660m² no parque empresarial de Muros para trasladar o seu Autos Lestón Taller (de automoción) ao polígono.

Comentarios