Venres. 26.04.2024
El tiempo

Tubasa merca unha nova parcela no Polígono da Laracha, que ten ocupadas xa o 80% das parcelas

Tubasa do Grupo Revi na Laracha
Tubasa dedícase á tubos para canalizacións
Tubasa merca unha nova parcela no Polígono da Laracha, que ten ocupadas xa o 80% das parcelas

Nova empresa para o Polígono da Laracha, o que máis crece da comarca. Desta volta, é a empresa Tubasa, instalada xa na Laracha desde 2001 e que forma parte de Grupo Revi, a que comprou unha parcela a SEA de 17.898 metros cadrados que lle permitirá ampliar a capacidade produtiva.

Beatriz Sestayo destacou que se trata dunha “noticia que confirma as excelentes perspectivas do polígono en canto a desenvolvemento económico, ao superar unha ocupación do 71% do chan e de cerca do 80% das parcelas”. Son xa 3 millóns os investidos neste 2021 no polígono da Laracha, onde hai preto de 20 as compañías entre elas, Inditex, Forpom, Tubasa, Cardemad, Unifersa, Uniter ou Galitráns.

Comentarios