Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A veciñanza da Laracha recicla máis de 3.000 litros de aceite

O Concello acolleu un curso sobre planificación de plantación de castiñeiros
Imaxe do curso de castiñeiro
A veciñanza da Laracha recicla máis de 3.000 litros de aceite

Os 3.050 quilos de aceites domésticos recollidos nos contedores da Laracha, e o seu correcto tratamento evitou a contaminación de 3.355.000 litros de auga. Cifras que dan conta da importancia de tomarnos en serio a reciclaxe deste líquido.

Van 10 meses dende que o Concello instalou os contedores laranxas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión e na urbanización Monte Claro de Cabovilaño, e a resposta da veciñanza é inmellorable.

Lembran que cómpre botar o aceite en botellas de plástico pechadas, e evitar botar ese aceite polos desaugadoiros da cocina nin polos inodoros para evitar que cheguen á rede de sumidoiros.

Curso de castiñeiros

Esta fin de semana realizouse na Laracha a primeira das tres xornadas do curso formativo sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito, á que asistiron quince persoas. Foi impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal de Riós en colaboración coa Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

O Concello acolle esta iniciativa cos obxectivos principais de ofrecer formación ao respecto principalmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

A Agacal, a través deste tipo de iniciativas de formación, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico.

Comentarios