mércores. 19.03.2025
El tiempo

Os venres de marzo, Teatro con Salitre en Caión

Cartel programa Teatro con salitre Laracha 2025
Os venres de marzo, Teatro con Salitre en Caión

O Concello da Laracha anuncia o cartel da cuarta edición do ciclo Teatro con Salitre que se vai realizar ao longo do mes de marzo no Centro Sociocomunitario de Caión. Un programa que, como os Venres Teatrais do mes de novembro e en Paiosaco coa Primavera Teatral de abril, xa está consolidado en Caión na programación cultural anual que organiza o Concello.

A programación consta de tres obras de diferentes xéneros e todas elas con entrada gratuíta ata completar o aforo da sala

As obras que conforman a cuarta edición de Teatro con Salitre son as seguintes:

  • Venres 7: Rara Avis 3.0, de Lila Teatro. Comedia dirixida a maiores de 12 anos na que a protagonista pretende reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e, sobre todo, o seu particular sentido do humor.
  • Venres 14: A limpadora, a psiquiatra e o marido asesor, de A&Z Producións. A compañía teatral, de recente fundación, estrea en Caión esta peza que conta a historia de como unha matachina e unha doutora contenderon sororidade. Trátase dunha comedia feminista que pretende homenaxear a todas as mulleres sinxelas que, con poucos estudos e recursos, levan as súas familias adiante.
  • Venres 21: Anfitrión, de Corzo Producciones. A compañía coruñesa trae a Caión unha adaptación da obra clásica de Plauto, o considerado primeiro gran comediógrafo da literatura universal, na que fai unha parodia dunha traxedia grega.

 

Comentarios