Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Vicente Suárez distribuirá máis de 30.000 toneladas de sal dende a Laracha

Sestayo Vicente Suárez Laracha, 2
Visita de Beatriz Sestayo á nova planta de Vicente Suárez
Vicente Suárez distribuirá máis de 30.000 toneladas de sal dende a Laracha

Nova empresa afianzada no polígono da Laracha, un dos que máis medra da provincia. A empresa Vicente Suárez, unha das maiores distribuidoras de sal de España e norte de Portugal, inaugurou o seu novo instalacións no parque empresarial da Laracha, nunha parcela de máis de 7.000 metros cadrados

Acodiu á cita Beatriz Sestayo, responsable de SEA: “Estamos moi satisfeitos coa boa valoración que a empresa ten do parque empresarial, en canto a instalacións para a loxística e transporte e estamos a traballar para potenciar este aspecto e conseguir atraer máis empresas e medrar a riqueza e o emprego”

Manuel Ferreiro, representante da empresa, destacou, especialmente, as condicións óptimas das parcelas e a súa excelente localización para transporte e loxística, pola súa proximidade ao porto fóra da Coruña e da AP-9.

Sestayo Vicente Suárez Laracha, 3

Comentarios