Martes. 16.04.2024
El tiempo

Xabier Díaz será o protagonista da Feira das Cereixas

Xabier Díaz será o protagonista da Feira das Cereixas

Unha das 12 Festas de Interese Turístico de Galicia da Costa da Morte é a Festa das Cereixas. A feira enche cada primeiros de xullo a vila de Paiosaco, sendo a festa gastronómica de maior relevancia e tradición do Concello da Laracha.

Festa das Cereixas de Paiosaco

Polamañá haberá charanga, pero a noite do 4 de xullo ten que ser especial, e por iso o concello prepara un concerto de primeiro nivel cun dos nomes propios da música galega actual como é Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.

Co propósito de controlar dun xeito óptimo os accesos, o evento terá lugar no recinto do CEIP Alfredo Brañas a partir das 22:00 horas.
As entradas serán de balde. Para poder asistir como público o Concello habilitará este martes (22 de xuño) un formulario de inscrición na web municipal alaracha.gal, dando a opción de anotarse unha única persoa ou un grupo de convivintes (máximo de seis) para poder sentarse xuntos durante o concerto.

Comentarios