A Xunta de Seguridade da Laracha recoñece os baixos índices de criminalidade e homenaxea a Tino Gago

Ademais, en 2019 na Laracha incrementouse nun 12% os casos esclarecidos e triplicouse o número de persoas detidas.
Baixas
O alcalde deixou constancia da súa preocupación polo número de baixas que presenta o cuartel da Garda Civil da Laracha e expresou a necesidade de cubrilas na súa totalidade e mesmo de ampliar o número de prazas vinculadas ao posto.
Violencia de xénero
Ademais, avaliouse o traballo desenvolvido pola Policía Local no seguimento de casos de violencia de xénero despois de que en xullo do ano pasado se acordase a súa incorporación ao sistema VIOGEN.
Recoñecemento
Por último, acordouse entre todos os presentes realizar un recoñecemento a Celestino Gago, o xefe do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil polo rescate dun neno na praia de Caión que fixo o pasado mes de xuño estando nese momento fóra de servizo.
A reunión estivo presidida polo alcalde, José Manuel López Varela, en presencia da subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; a xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno –María Isabel Álvarez-, a vicesecretaria da Delegación do Goberno –Eva Vázquez-, o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña –Fernando Pedreira-, o cabo primeiro e comandante do posto da Garda Civil da Laracha –Sergio García-, o xefe da Policía Autonómica na Coruña –Antonio Nieto-, o xefe da Policía Local da Laracha –Víctor Vilanova- e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha –Ana Aldao-.