Xoves. 09.07.2020
El tiempo

Un buzo da Garda Civil de paisano rescata un neno na Praia das Salseiras

Tino, o Xefe de brigadas submarinas da Garda Civil, foi o protagonista do rescate nas Salseiras
Tino, o Xefe de brigadas submarinas da Garda Civil, foi o protagonista do rescate nas Salseiras
Un buzo da Garda Civil de paisano rescata un neno na Praia das Salseiras
Menudo susto levou esta tarde de martes unha nai e toda a praia das Salseiras, en Caión. Era un día con bastante mar, e un neno duns 10-12 anos botábase ao mar pero non podía voltar pola forte resaca.
 
Mentres a veciñanza, que se agrupaba arredor da nai, tremendamente nerviosa, avisaba ao 112, un bañista botábase ao mar para rescatalo. Agarrábao ao neno e, deixándose ir pola corrente chegaba de volta á area dando un rodeo por outra da praia.
 
Deuse a circunstancia de que o autor do rescate era un buzo, xefe do GEAS (Grupo especial de actividades subacuáticas) de Galicia, que estaba disfrutando da tarde na Praia larachesa. "O pequeno tivo moitísma sorte porque esa praia ten bastante corrente e o Garda Civil, ao ser un gran especialista con moitos anos de experiencia no mar, soubo aproveitar a mesma corrente para chegar ata el e posteriorme rescatalo, saíndo por outra zona con bastante pericia. Se outro bañista calquera, sen os coñecementos que ten o brigada, se lanzase ao mar para rescatar ao neno, poderiamos ter tido  que iniciar outro rescate a maiores e con total seguridade", relatan dende a Garda Civil. En todo caso, o brigada arriscou a súa vida igualmente porque houbo momentos que lle custou lidiar coa forza da corrente e por iso dende a Benemérita queren advertir do perigo que ten esta zona do mar.
O fillo do buzo  puido ver en primeira persoa como o seu pai é tan heroe como os que saen nos comics, porque ademais, a xente que estaba na praia recibiuno con gran emoción cando finalizou o rescate.
 
A Policía Local, que estaba precisamente patrullando pola zona, achegábase de contado, xusto cando se completaba o rescate. O rapaz non necesitou asistencia sanitaria pero susto seguro que tarda en cicatrizar.
Asi estaba a tarde na praia das Salseiras
Asi estaba a tarde na praia das Salseiras

comentarios