15 valientes fan estes días o Ultra Trail Costa da Morte


265 quilómetros de litoral. 14 concellos. 15 valientes. Así é o Ultra Trail Costa da Morte que arrincaba o pasado sábado en Caión (Laracha) e acabará este venres 21 de setembro no Pindo (Carnota). Hoxe mércores 19, chegaron ao mediodía a Muxía, e mañá partirán cara Fisterra no que é a etapa máis longa da proba, con 50 km. O último día, o venres, a etapa Fisterra o Pindo servirá para poñer fin a esta brava aventura.
O suizo Diego Pazos, coñecido como “Zpeedy”, está sendo un dos grandes protagonistas, pois xa venceu varias etapas, aínda que nestas probas o importante é chegar, non chegar antes que os demais. O compañerismo é unha das claves do éxito destas citas de deporte extremo


Hai varios costeiros entre os participantes, como o deportista Quito Ponteceso, o piloto laxeiro Dani Carracedo ou o árbitro de Cerqueda, Marcos Ordóñez, que fixo a primeira etapa para prepararse para o Ironman de Cieia. "Non pode haber unha ruta máis bonita e tan ben organizada. Un pracer correr pola nosa costa. Para o ano que ven tentarei facela enteira", recoñece o colexiado malpicán.
Os deportistas están disfrutando das salvaxes paisaxes da nosa bisbarra e confían en que nun futuro poida ser un referente a nivel internacional atraendo deportistas de todo o mundo e que sirva como foco de atracción turística.

