sábado. 13.06.2026
El tiempo

A Tarde no Medievo de Riobó busca parella para as Prevodas

 

 

Prevoda Medieval de Rioboo 2025
Prevoda Medieval de Rioboo 2025
A Tarde no Medievo de Riobó busca parella para as Prevodas

Cabana de Bergantiños abre o prazo de inscrición para parellas que queiran participar nas "Prevodas Medievais" de Riobó, unha das celebracións máis singulares da xeografía galega. A cita está prevista para o sábado 8 de agosto, dentro da Tarde-Noite no Medievo da aldea de Riobó, que este ano alcanza a súa XVII edición.

Os matrimonios celebrados durante a xornada son de carácter simbólico e non producen efectos legais nin civís. Os contraentes deberán vestir con indumentaria acorde á ambientación medieval: traxes de labregos adornados con coroas e ramos de flores silvestres ou outros elementos ornamentais da época.

INSCRICIÓNS

As parellas interesadas poden formalizar a súa inscrición no departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños, ou mediante chamada ao número de teléfono 981 754 020.

Comentarios