1500 cativos coñeceron os tesouros patrimoniais de Cabana
08:30 26/06/14
Que importante é que un Concello artele visitas guiadas aos seus puntos de interese para escolas. Un dos mellores exemplos atopámolo en Cabana, onde da man do técnico cultural Lito Eiroa, centos de neno de todo o país poden coñecer in situ, como vivían os nosos antergos. O programa Primavera 2014 de visitas escolares guiadas, que comezaba en marzo e rematou coa fin do curso, achegou ata o O Dolmen de Dombate ou a Cibdá de Borneiro, a mais de 1500 cativos, en 22 visitas.
Esta e a lista dos grupos, incitando a que outros concellos da volta se propoñan achegar a cultura a outras tantas escolas da zona:/p>
- Mes de marzo:
- 30-03-2014: Visitas guiadas ó grupo de sendeiristas Trasnos Costa da Morte ó Castro A Cidá de Borneiro. (500 participantes). - Mes de abril:
- 03-04-2014: Excursión guiada co IES DE CACHEIRAS ó dolmen de Dombate e Castro A Cidá. (48 participantes)
- 05-04-2014: Excursión guiada co SPORTING CLUB CASINO DA CORUÑA ó dolmen de Dombate e Castro A Cidá. (50 participantes)
- 09-04-2014: Excursión co COLEXIO A CRISTINA (CARBALLO). Castro A Cidá e Ruta dos muíños. (50 participantes)
- 19-04-2014: Excursión guiada coa ESCOLA DE TEMPO LIBRE DA FUNDACIÓN PONDAL ó dolmen de Dombate e Castro A Cidá. (75 participantes)
- 26-04-2014: Visita guiada ó Castro A Cidá na excursión de sendeiristas de NCG BANCO. (60 participantes). - Mes de maio:
- 06-05-2014: Excursión guiada co IES OTERO PEDRAIO (A CORUÑA) ó dolmen de Dombate e Castro A Cidá. (54 participantes)
- 16-05-2014: Excursión guiada co CEIP A CRISTINA (CARBALLO) ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños e panorámica desde o Monte Branco. (50 participantes)
- 20-05-2014: Excursión guiada co COLEXIO XOSÉ PICHEL (CORISTANCO) ó Castro A Cidá. (30 participantes)
- 22-05-2014: Excursión guiada co COLEXIO DE PONTE DO PORTO ó Castro A Cidá. (45 participantes)
- 28-05-2014: Excursión guiada co COLEXIO XOSÉ PICHEL (CORISTANCO) ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños e Panorámica desde o Monte Branco. (40 participantes)
- 30-05-2014: Excursión guiada co COLEXIO DA LARACHA ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños e Enseada da Ínsua. (55 participantes). - Mes de xuño:
- 03-06-2014: Excursión guiada co COLEXIO OS MUÍÑOS (Muxía) ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños. (38 participantes)
- 04-06-2014: Excursión guiada co CEIP CABO DA AREA (Laxe) ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños. (45 participantes)
- 05-06-2014: Excursión guiada co CEIP EUGENIO LÓPEZ (Cee) ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños. (47 participantes)
- 06-06-2014: Excursión guiada cos maiores de Coristanco ó dolmen de Dombate e Castro A Cidá. (60 participantes)
- 10-06-2014: Excursión guiada co COLEXIO ANTONIO FRAGUAS (A CORUÑA) ó Castro A Cidá. (45 participantes)
- 11-06-2014: Excursión guiada co COLEXIO ALCALDE XOSÉ PICHEL (Coristanco) ó Castro A Cidá e panorámica da Enseada da Ínsua. (30 participantes)
- 12-06-2014: Guía co Centro de Día na ruta por Cabana de Bergantiños. (50 participantes)
- 17-06-2014: Excursión guiada co CEIP CANOSA RUS (CORISTANCO) ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños e Panorámica desde o Monte Branco. (36 participantes)
- 19-06-2014: Excursión guiada co IES DE AMES ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños e Enseada da Ínsua. (55 participantes)
- 20-06-2014: Excursión guiada co IES DE AMES ó Castro A Cidá, Ruta dos Muíños e Enseada da Ínsua. (50 participantes).
Máis información
- Recunchos da Costa: O Dolmen de Dombate.
- Recunchos da Costa: O Castro da Cidá de Borneiro.
Fonte
- Concello de Cabana.