Unha de cada catro persoas da Costa da Morte vive fóra
13:39 26/11/10
Non deixamos de sorprendernos ante as cifras que aporta o censo poboacional da Costa da Morte. Sabiamos que a diáspora ten un peso específico clave no devir da bisbarra, pero ollando os números de preto, a realidade supera a ficción.
Vimos de realizar un análise poboacional analizando os censos dos 15 concellos que cubrimos na Costa da Morte. Cos datos do Censo de Residentes (CER) e do Censo de Residentes Ausentes (CERA), podemos concluir cousas aclaratorias.
- Dos 95.837 habitantes da bisbarra, 21.727 viven fóra, o que supón o 24.3%.
- Unha media de 1.500 persoas, case 1 de cada 4, viven fora do seu concello.
- Fisterra, Vimianzo e Laxe son os concellos con máis poboación "ausente", superando o 30%.
- Muros e Cee son os concellos con menos poboación "ausente", cun 15.7% e un 16.4%. Corcubión e Malpica son os únicos que tampouco superan o 20% de "ausentes".
Vota ou non vota
Malia que so o poden facer nas autonómicas e xerais, o 24.3%% dos costeiros non poderán votar nas vindeiras eleccións municipais de maio trala nova reforma da Lei de voto emigrante. Desta asunto teñen falado os nosos colaboradores das Firmas QPC. Se con Víctor Castiñeira xa temos repasado os Movementos migratorios na historia da bisbarra, Manuel Suárez analiza máis pormenorizadamente a situación política e social da diáspora dende Lonxe de Montevideo. De feito, Manuel xa nos ten falado da tolemia do voto emigrante.A mocidade e o mellor da Costa
Todos estes datos xa son duros de asimilar de por si. Pero máis graves son se temos en conta que boa parte destes residentes fóra da Costa son xente nova e preparada, xente con gañas de medrar profesionalmente que non atopan saídas profesionais na zona. De seguro que se se fixera unha estimación da media de idade dos emigrantes costeiros, estaría entre os 20 e os 40, tendo en conta que o estudantado é outros dos gremios que máis escapa.Datos de emigración na Costa da Morte
Concello | Poboación Total | CER | CERA | % de poboación ausente |
Cabana | 5.773 | 4.319 | 1.454 | 25.1% |
Camariñas | 6.675 | 5.131 | 1.544 | 23.1% |
Carnota | 6.683 | 4.283 | 1.400 | 24.6% |
Cee | 7.922 | 6.621 | 1.301 | 16.4% |
Corcubión | 1.851 | 1.496 | 355 | 19.1% |
Dumbría | 4.105 | 3.100 | 1.005 | 24.4% |
Fisterra | 6.181 | 4.157 | 2.024 | 32.7% |
Laxe | 4.182 | 2.903 | 1.279 | 30.5% |
Malpica | 6.864 | 5.536 | 1.328 | 19.3% |
Mazaricos | 5.806 | 4.240 | 1.566 | 26.9% |
Muxía | 6.503 | 4.590 | 1.913 | 29.4% |
Muros | 9.763 | 8.217 | 1.536 | 15.7% |
Ponteceso | 7.089 | 5.438 | 1.651 | 23.2% |
Vimianzo | 10.166 | 6.844 | 3.322 | 32.6% |
Zas | 6.204 | 4.611 | 1.593 | 25.6% |
TOTAL | 95.767 | 72.496 | 23.271 | 24.3% |
Achegamento á diáspora
Dende QPC levamos tempo intentando achegarnos á diáspora e xa temos en marcha un proxecto para sacar unha nova sección: "Costeiros polo mundo". Agardamos que todos os que nos leades dende fóra da bisbarra participedes.Artigos relacionados
- Que pasou na Costa na época moderna: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) 2. Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Que pasou na Costa na época contemporánea: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) 1. Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Que pasou na Costa: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- Lonxe de Montevideo: Dona Diáspora en Hollywood.
- Lonxe de Montevideo: A tolemia do voto emigrante.
- Lonxe de Montevideo: A singradura emigrante.
Novas relacionadas
- “Tan lonxe e tan preto”: unha homenaxe aos emigrantes dende Ponteceso.
- Vimianzo homenaxea a figura do Emigrante.
- O borneirán Perfecto Vázquez cansouse de asinar o seu libro.
- Todos somos emigrantes.
Fonte
- Redacción de QPC ( [email protected]).
- Diario de Bergantiños.
- Colabora Xoán Manuel Alvite.
- Fotografía do Monumento ao emigrante de Vimianzo de Marcos Rodríguez.