Xoves. 28.03.2024
El tiempo

De camiñada polo rego dos Muíños

De camiñada polo rego dos Muíños
O vindeiro venres, 26 de agosto, o Concello de Cabana de Bergantiños organizará unha camiñada polo rego dos Muíños, na parroquia de Canduas. O obxectivo é dobre, xa que estará baseado en facer un pouco de exercicio e ao mesmo tempo en dar a coñecer o patrimonio etnográfico da zona, un patrimonio que hai pouco era recuperado polos voluntarios do Campo de Traballo que se celebraba o pasado mes de xullo. A ruta partirá do campo da festa de Canduas ás 20:00h. O percorrido irá polas beiras do regato ao longo de tres quilómetros. Poderase observar un singular conxunto etnográfico de 24 muíños de auga, colocados de xeito escalonado dende as ladeiras do castro A Cidá de Borneiro ata as beiras da enseada da Insua. O percorrido está cheo de tradicións, lendas e mitos que explicará o guía da actividade, Ángel Eiroa. Despois da camiñada, ás 22:00h, no campo da festa agarda unha mexillonada organizada pola comisión de festas de Canduas e a actuación musical de Ce Orquestra Pantasma.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana de Bergantiños.

Comentarios