A APTCM focaliza esforzos nunha Xerencia, na formación e nun mapa xenérico

11:24 09/02/17

Principais rutas de actuación
Estes son os principais propósitos para este curso:- 1. A procura dunha Xerencia profesional, cremos que unha xerencia profesionalizada e fundamental para o Xeodestino, trataráse reunirse con distintos organismos para conseguir a financiación para a xerencia.
- 2. Nova campaña de captación de socios: propoñemos xuntanzas nos diferentes concellos para dar a coñecer a Asociación, quen somos, as nosas inquietudes e o noso proxecto de futuro para o Turismo da Costa da Morte. Teremos 4 reunións donde convocarase o sector da zona. En Ponteceso (Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso), en Carballo (Coristanco, Laracha e Carballo), en Cee (Carnota, Dumbria, Mazaricos, Fisterra, Muxia e Cee), e en Vimianzo (con locáis de Camariñas, Zas e Vimianzo).
- 3. Búsqueda de sinerxias e convenios con entidades privadas e públicas para lograr a mellor formación e capacitación en postos de traballo, tanto para locais privados como públicos de interés turístico.
- 4. Procurar que as oficinas de turismo estén abertas o maior tempo posible durante todo o ano.
- 5. Accións por diferentes canáis tanto ON como OFF line para posicionar e dar a coñecer a marca “Costa da Morte”
- 6. Ver a posibilidade de conseguir unha Central de Reservas, donde se compile os diferentes locais da Costa da Morte, con comisións baixas (como a marca blanca de Booking, ou propia), para facilitar a búsqueda de posibles clientes e o poder baixar as comisión dos Touroperadores.
- 7. Procurar unha base de datos de clientes que xa visitaron a Costa da Morte, para poder crear campañas e incluso tarxetas de fidelización para estes (sempre dentro da lei de protección de datos).
- 8. Procurar e apoiar todas aquelas actividades que desestacionalicen o turismo, liñas de acción para seguir apoiando o turismo deportivo ( senderismo, rutas BTT, cicloturismo, campionatos, surf, etc.), o turismo ornitolóxico, seguir potenciando o turismo cultural, etc… así como o poder desenrolar un turismo sostible con productos respetuosos como medio ambiente, como O Camiño dos Faros e o Monte Pindo parque natural, apoiando este tipo de iniciativas.
- 9. Intentar potenciar o turismo gastronómico, procurando o achegamento dos productos de Km 0, aproveitar as sinerxias co GDR e entidades rurais, para dar a coñecer os productos da zona.
- 10. Aproveitar a entrada no Cluster para incentivar accións con eles para a promoción da zona.
- 11. Seguir asistindo a diferentes feiras de Turismo, tanto nacionais como internacionais.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2017: As caras da Costa da Morte na Fitur.
- Xaneiro 2017: O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.
- Novembro 2016: 3 únicos representantes costeiros na Feira Internacional Intur
- Xosé Regueira: “No sector turístico fai falta formación, e non só dos hostaleiros, se non tamén a nivel estratéxico, dos empresarios.
- Novembro 2016:O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market
- Setembro 2016: Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”.
- Febreiro 2016: O Turismo na Costa da Morte medrou nun 21% entre 2012 e 2014.
- Febreiro 2016: A Deputación aporta os fondos para a xerencia da CMAT.
- Xaneiro 2016: “O sector turístico da Costa da Morte ten que traballar na mesma dirección”.
- Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013.
- Agosto 2015: O CMAT ponse en marcha conta co apoio económico da Xunta.
- Febreiro 2015: CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])