Martes. 30.04.2024
El tiempo

A comunidade educativa mata as Reválidas e dille non á Lomce

A comunidade educativa mata as Reválidas e dille non á Lomce
concentracion lomce cee1 Onte celebrouse unha concentración en Cee para rexeitar a Lomce Onte foi unha xornada de folga no ámbito educativo da comunidade galega coa esperanza de poder derogar a Lomce. Tanto na Costa da Morte, como no resto da comunide, a folga tivo un escaso seguimento nos centros de educación infantil e primaria pero que si tivo unha importante repecursión nos centros de secundaria. Se en Muros, a convocatoria matutina baleirou as aulas, en Cee e Carballo, a activa Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, comandada pola CIG-Ensino e da que forma parte a Federación de ANPAS da Costa da Morte, convocaba concentracións ás 20:00h en varios puntos do país, entre eles Cee e Carballo. E mentres se celebraban as concentracións, o goberno de Rajoy aseguraba que suspende as Reválidas ata que que se forme un Gran Pacto pola Educación. Unha decisión que satisface a todos os colectivos do ensino, pero ao mesmo tempo invita a seguir pelexando pola completa derogación da LOMCE. En Cee En Cee houbo a resposta foi completa, e houbo unha gran concentración na estiveron representadas unha boa parte das asociacións de pais e nais dos centros educativos da Costa da Morte (de Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría...) para dicirlle non á reforma educativa que xa está en marcha. A comunidade educativa cre que aínda é posible derogar a Lei e eliminar as Reválidas. De feito, fixeron fincapé en que non só cómpre eliminar as Reválidas, senón que hai que loitar contra a "privatización e a eliminación do dereito ao Ensino do alumnado NEAE e do que non se adapte ao actual sistema sistema ríxido, do alumnado sen recursos, de maduración máis lenta". As verbas destes días do presidente do goberno do Gran Pacto pola Educación tampouco convencen aos representantes de pais e nais. lomce cee concentracion Membros da Anpa Uxío estivo presente na concentración de Cee concentracion lomce cee2 A Anpa San Vicenzo de Vimianzo asistiu á concentración contra as Reválidas anpa atalaya fisterra Membros da Anpa Atalaya de Fisterra asistiron á concentración de onte en Cee ceip arco da vella A Anpa do CEIP Areouta tamén lle di non á Lomce anpa fin do camino Membros da Anpa Fin do Camiño asistiron á concentración de onte en Cee   En Bergantiños En Carballo a concentración reuniu a boa parte das ANPAS de Bergantiños. Concentracion en Carballo contra a LOMCE-Foto-Xose Regueira Concentracion en Carballo contra a LOMCE-Foto-Xose Regueira Concentracion en Carballo A Concentración en Carballo reuniiu a moitas ANPAS de Bergantiños Concentracion contra a LOMCE no CEIP de Malpica No colexio de Malpica fixeron unha concentración de protesta pola mañá

Manifesto “Non ás Reválidas” da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

O estabelecemento da proba xeral en 3º e 6º de Primaria e as reválidas en 4º da ESO e en bacharelato, que son requisito imprescindíbel para conseguir os títulos correspondentes, pretenden pór as maiores trabas posíbeis para a continuación dos estudos. Responden, exclusivamente, a unha concepción totalmente clasista e elitista da educación e contribúen a excluír o alumnado máis desfavorecido socialmente do dereito á educación, cando xa hoxe o ensino público carece de elementos compensatorios para facer efectivo e real o principio de igualdade de oportunidades. É unha tiranía exixirlle ao alumnado que se xogue o seu futuro académico co resultado dunha reválida. É unha aberración, desde o punto de vista pedagóxico, sometelo a unha presión innecesaria, mediante probas que o vai avaliar baixo estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas e as capacidades e actitudes do alumnado. Só avalían certas áreas de coñecemento, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico e musical e refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbel para a formación integral do alumnado. Recentralizan o sistema educativo, dado que a elaboración e deseño das probas, os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliábeis serán fixados polo Ministerio de Educación, rexeitando así o estudo e coñecemento de todo o que nos conforma como pobo galego. Desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente, cando ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar. Subestiman e desconfían do traballo do profesorado que estará totalmente sometido e condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel. Responden á pretensión de conformar rankings de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista que contará con máis medios e recursos. Pretenden ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación e asentará unha estrutura curricular ao servizo do neoliberalismo. Continúan cunha desconsideración absoluta co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, co profesorado que o atende e coas súas familias, deixando á improvisación todo o relacionado coa organización das probas para este colectivo. Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios