A Costa da Morte sofre un pequeno Aznalcóllar

15:27 11/02/14


Carballo e Malpica, afectadas
Carballo foi a zona máis danada. Alí, na aldea de Razo da Costa, preto de dez casas sufriron inundacións de "pequena consideración", segundo relata a Galicia Confidencial o concelleiro de Obras Públicas de Carballo, Luis María Lamas. En Aviño, na veciña Malpica, foi unha casa a que se viu afectada. "E puido ser máis se non fora por un muro de bloques que rodea a casa e que fixo de parapeto da auga que baixo que acabou canalizandose cara ao mar", sinala. Durante o día de hoxe, varias maquinas e operarios estiveron traballando na zona para desentullar varias pistas e estradas que quedaron cubertas pola lama. A última hora do luns, a situación xa estaba normalizada.A Xunta non actuou a tempo
O da rotura da balsa de Neme era un desastre anunciado. En abril do pasado ano, o concello alertou xa da posibilidade dun desbordamento desta balsa polas intensas chuvias. Falouse entón coa Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta que enviou un técnico que, xunto co xerente da empresa -é unha compañía mineira Valenciana que logo da crise deu en creba- e persoal do concello de Carballo trasladaronse á balsa para analizar a situación. Detectaron, in situ, problemas de fraxilidade na estrutura. Entón Minas anunciou un plan de seguridade para a zona e a reparación da balsa para o verán de 2013. Un plan que non foi realizado. De feito, o propio concello realizou unha nova inspección á balsa o pasado setembro e volveu poñerse en contacto coa Xunta para a subsanación do problema. Pero, recibiron a calada por resposta. Cinco meses despois desa advertencia, a natureza non agardou e converteu o que podería solventarse "cuns tubos e unha canalización", segundo o concelleiro, nun pequeno desastre medioambiental. Por iso, e como acontece a miúdo, a Xunta reaccionu tarde. O secretario xeral da Consellería de Economía e Industria púñase en contacto no medio día do luns co concello de Carballo para anunciar que a Dirección Xeral de Enerxía e Minas rehabilitará esa balsa que, aínda conserva millóns de litros de auga.Críticas de AGE e Salvemos Cabana
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denunciou xa, a través do seu deputado Antón Sánchez, que este feito vén probar como "toda a cidadanía paga os riscos privados asumidos por unha empresa". "Este é o modelo que o PP defende para a mina de Corcoesto... O que sucedeu a pasada noite en Monte Neme é bastante para desmontar ese discurso irresponsable que só responde aos intereses colonizadores encarnados no proxecto de Corcoesto", subliña Sánchez. Tamén Salvemos Cabana lembrou o risco potencial que supón o permitir un conxunto de balsas mineiras "moito máis grandes e con residuos de alta toxididade" na proxectada mina de Corcoesto. Por iso, insisten en que a Xunta debe de considerar o chamado "Principio de Cautela" ou "Principio de Precaución" para permitir determinados proxectos mineiros. Tamén o pasado ano a SGHN denunciaba a posibilidade de que se producira un novo Aznalcóllar no Esteiro de Anllóns ante a construcción das balsas de contención de cianuro proxectadas na mina de Corcoesto. Neste vídeo de Tingalaranga pódense ver as consecuencias deste pequeno desastre medioambiental: http://www.youtube.com/watch?v=cXzIInr5szM&feature=player_embeddedFonte
- Nova que nos achegan os nosos compañeiros de Galicia Confidencial.