Sábado. 07.09.2024
El tiempo

A Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte segue espallando a excelencia da nosa hostalería

A Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte segue espallando a excelencia da nosa hostalería
gran-orde-gastronomica-da-costa-da-morte Reunión da Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte no Restaurante Mar de Ardora

Volveu xuntarse a Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte (GOGCoMo) nunha desas citas ás que todos os que nos gusta comer ben nos tivera encantado asistir. A cea no Restaurante Mar de Ardora de Cabana e os comensais puideron disfrutar dun menú exquisito ademais cunha presentación sublime e unha atención ideal do equipo de servizo do restaurante cabanés. Unha mostra do ben que pode traballar o sector hostaleiro da comarca.
E precisamente, estas ceas serven para poñer de manifesto a calidade da nosa hostalería e dos nosos produtos, ademais de permitir unhas pequenas intervencións de invitados especiais entre prato e prato, facendo aínda máis amena a comida .

Desta volta, estivo presente Xusto Sánchez Varela, membro do Consello de European Dairy Farmers, titular da explotación Devesa Langueirón de Ponteceso. Xusto falou dos problemas do sector gandeiro, da cota láctea, ademais de falar da súa experiencia con gandeiros de toda Europa.

menu-mar-de-ardora-para-a-gran-orde-gastronomica-costa-da-morte maridando-a-cea-da-gran-orde-gastronomica-da-costa-da-morte

Pastel de cabracho, Salpicón de rape e langostinos, Bacalao con garabanzos e espinacas, Solomillo de porco con manzá e queixo, e Crema de queixo con marmelo, todo maridado cun Pazo de Rubianes D.O. Rías Baixas, un Cunqueiro D.O. Ribeiro e un Ébano D.O. Ribera del Duero. Delicia para o padal.

Unha boa excusa para que a nova directiva siga promocionando o turismo e a hostalería da Costa da Morte. Unha directiva renovada trala dimisión, por motivos de traballo, da ex presidenta Tania Carreira Rial. O novo presidente é Germán López Posse de Ponteceso; o malpicán Fernando Couto é o vicepresidente, o laxense Julian Prieto Valdés é o Secretario e o corcubionés Manuel Pais é o Tesoureiro. Como vogais a Orde conta con Elibel Lago Trillo de Cee; Ana Pose Souto, do Rest. Zurich de Laxe; Dolores Barreiro Mouzo de Rest. A Marina en Camariñas; Manuel Varela, do Rest. Mar de Ardora de Cabana e Jesús Picallo do Mesón O Semáforo de Fisterra. Ademais, José Manuel Pato é o presidente honorífico.

Novas relacionadas

Máis novas gastronómicas

Fonte

Comentarios