Martes. 10.12.2019
El tiempo

A industria e o comercio local nos concellos do Anllóns no século XX

A industria e o comercio local nos concellos do Anllóns no século XX
FOTO VIDAL. MADEIRA ACUMULADA NO PEIRAO DO RÍO ANLLÓNS. PONTECESO FOTO VIDAL. MADEIRA ACUMULADA NO PEIRAO DO RÍO ANLLÓNS. PONTECESO

A industria e o comercio local en Cabana e Ponteceso, municipios ribeiregos do Anllóns, a principios do século XX: emprendedores, asteleiros, portos fluviais e de cabotaxe e moita, moita madeira.

Hoxe en día están de moda nas zonas costeiras actividades diversas como as escolas de vela, os clubes náuticos, centros de interpretación da natureza…; pero que había nesas zonas a principios do século XX?

CASA DA VELA EN CABANA, ANTES ASERRADOIRO DO EMPRESARIO TEDÍN. SEN FUNCIONAMENTO APARENTE. copia CASA DA VELA EN CABANA, ANTES ASERRADOIRO DO EMPRESARIO TEDÍN. SEN FUNCIONAMENTO APARENTE DESPOIS DE SEVIR DURANTE ALGÚN ANO COMO CENTRO DE DEPORTES NÁUTICOS

O 13 de marzo de 1903 Xulián Tedín Leis solicitaba unha concesión na praia de Canduas, municipio de Cabana de Bergantiños para ampliar ou asteleiro chamado Sanroledo, destinado á construción e reparación de embarcacións menores. Era a plena auxe dá carpintería de ribeira. No mesmo terreo había unha concesión mineira de Xosé María Fariña, a mina Vulcano, que extraía os recursos do subsolo. Ambos os dereitos coexistían simultaneamente xa que eran de momento compatibles. Así segundo ou proxecto do enxeñeiro Emilio Pau de Soralme, o gobernador provincial autorizaba a ampliación do asteleiro. O reformulo dás obras de deslinde facíase en presenza do peticionario polo enxeñeiro Xefe de Obras públicas dá provincia.

Ao remate dás obras, o enxeñeiro Xefe de Obras públicas procedía a un minucioso recoñecemento para comprobar que se cumprían as condicións estipuladas. Non caso de que se cumpriran, devolvíase a fianza ao peticionario que alcanzaba ao 1% do importe do orzamento dás obras. Daba así ou inicio dás obras que quedaban sometidas a unha servidume marítimo-terrestre de seis metros contigua á liña maior de maior preamar de augas vivas. Unha vez chegado o momento oportuno para que leglamente o Sr. Fariña puidera solicitar a ocupación dá superficie que ocupaba o Sr. Tedín, no caso de ser necesario, instruiríase ou expediente para examinar e decidir cal dás dúas industrias establecidas debía en tal caso ser a preferida pola Administración, para autorizar a expropiación forzosa ou concesión definitiva dá superficie a un ou ao outro propietario. A falla de cumprimento polo concesionario de calquera dás condicións dá autorización era causa bastante para declarar a caducidade dá concesión, procedéndose neste caso consonte ao disposto na lei xeral de Obras públicas e ou seu regulamento.

BARCO CARGADO DE MADEIRA NO PORTO DO ANLLÓNS. FOTO VIDAL. BARCO CARGADO DE MADEIRA NO PORTO DO ANLLÓNS. FOTO VIDAL.

No ano 1926, o mesmo empresario Xulián Tedín Leis, solicitaba ao Ministerio de Facenda a habilitación dun punto denominado “La Talleira”, na xurisdición da aduana de Ponteceso para o embarque e desembarco, en réxime de cabotaxe de determinadas mercadorías: madeira do país, subministros e provisións para buques…etc.

A solicitude obtivo a autorización favorable pola importancia das rendas que se podía xerar para a Facenda real o desarrollo da industria local. Non obstante, quedaba limitada ás madeiras e a aquelas provisións que non estaban suxeitas a requisito de circulación na zona, coa condición de que as opracións debían ser intervidas pola aduana de Ponteceso. O empresario Tedín tería que aboar pola súa conta os custes de locomoción e dietas regulamentarias do funcionariado que asistía aos despachos e facilitaríalle os medios de verificalos. Por outra banda, esta autorización incrementaba o plantel da forza de Carabineiros na zona.

Se ben oficialmenbte funcionaba desde 1919, a orixe da aduana de Ponteceso remóntase de facto a unha Real Orde do 1 de maio de 1894. Así veciños e comerciantes da vila de Ponteceso solicitaban nesa data á raíña rexente María Cristina, a habilitación da aduana do porto de Ponteceso para a exportación de produtos do país.  A idea era evitar os grandes prexuizos que orixinaba ao comercio local o ter que conducir por cabotaxe as súas mercancías a outras aduanas para desde alí envialas ao estranxeiro.

Así a aduana de Ponteceso pasaría a estar servida por un empregado pericial, coa habilitación de terceira clase, é dicir, para a exportación en xeral, agás galenas (mineral composto de xofre e chumbo, de cor gris e que cristaliza en cubos. A galena é a mellor mena do chumbo), litarxirios (óxido de chumbo) e chumbos; para cabotaxe, e para a importación dos envases precisos para exportar as mercadorías do país. O chumbo, como mineral estratéxico para o Estado naquela época, tiña prohibida a súa exportación.

O 4 de xullo de 1929, outro empresario de Ponteceso, Expedito Vázquez Crespo, solicitaba autorización da aduana para importar abonos químicos. O fundamento da petición era a necesidade de abastecer a zona de tan importante materia para a agricultura, e abaratar os custes que tiña o produto no caso de ter que transportalo desde o porto da Coruña.

A pesar da oposición da Cámara de Comercio da cidade, concédese a autorización para servir os produtos fertilizantes desde o porto mesmo de Ponteceso, e non desde o de Corme, posto que isto implicaría o traslado da mercadoría en gabarras desde os buques fondeados en Corme, o que obrigaba a incrementar o corpo de Carabineiros neste último punto.

As gabarras facilitaban o traslado as mercadorías aos buques fondeados nos portos principais. Eran embarcacións pequenas e chatas destinadas nos portos á carga e descarga dos barcos ou ben embarcacións máis grandes cás lanchas e xeralmente con cuberta, destinadas ao transporte de persoas ou mercadorías en zonas costeiras ou en ríos, que levaban a remolque doutra, a remo ou impulsada por motor.

Andrés Mosquera Varela foi administrador da aduana de Ponteceso ata 1964. A importancia da aduana de Ponteceso estaba sen dúbida na saída de madeira dos montes da zona, aínda que en moita menor medida e de xeito puntual tamén saía caolín, titanio e wólfram.

Directamente relacionada coa saída de madeira do porto de Ponteceso estaban os portos fluviais do río Anllóns.

O río Anllóns contou con varios portos naturais ao longo do seu percorrido ata a desembocadura na ría de Corme-Laxe.

Así en Corcoesto había tres portos naturais: o porto da Vitureira ou do Resío Grande das Lamprieiras (en alusión á importancia das pesqueiras de lampreas do río), o porto de Coxeiros ou da Ponte Nova, entre a Ínsua Boa e Arnados e o Porto de Cardezo.

Porto Coxeiros comunicaba a parroquia de Corcoesto coa veciña de Langueirón, no concello de Ponteceso. Era un lugar de abrigo á beira do río por onde se transitaba con gando e mercadorías diversas. A toponimia do municipio de Ponteceso refírese a este lugar como Ponte Nova. Antigamente o topónimo xa esquecido era Yusucas, en relación a un chan ermo e areoso.

Era tamen un lugar de captura de anguías, angulas, lampreas e troitas procedentes das diversas pesqueiras ubicadas ao longo do río.

Coa instalación das antigas telleiras convertiríase nun lugar de acopio de materia prima para surtir aos fornos. Así no monte das Telleiras, detrás de Arnados, existe un referente toponímico relativo á importancia desta actividade.

O porto fluvial de Cardezo queda aínda hoxe reflictido na toponimia e na microtoponimia do lugar de Corcoesto. Ubicado á beira do río Anllóns era un lugar de intensa actividade económica e social. Paso de persoas, animais, mercadorías diversas…etc. Na marxe fluvial oposta está o lugar de Balseiro, onde o guía das barcas ou balsas atravesaba o río con elas. As pesqueiras e as canles de ostras de auga doce axudaban na actividade dunha beira e outra do río. A isto había que engadir os carros de madeira que tirados por bois eran conducidos dun lado ao outro do río polo balseiro. As aceas e muíños fariñeiros, na parte alta do río (muíños da Vitureira e muíños da Regueira), covertíanse en lugares de intensa actividade social e cultural.

En relación á ponte de Cardezo cómpre lembrar que o seu nome en orixe era Ponte Cardoso. Dous afluentes do Anllóns, o rego de Erbecedo e o rego do Vilasuso desembocarían nel á altura do monte das Telleiras.

Ás beiras do Anllóns, xa preto da desembocadura do río, encontrábase o antigo porto natural dos Boedos.

Todas as ribeiras do Anllóns eran espazo para o tratamento da abundante madeira dos montes de Bergantiños, sobre todo dos concellos que beiraban o río no seu último treito: Ponteceso e Cabana de Bergantiños. A madeira, en torada, cortábase en táboa ou en puntal e dispoñíase en castelos a secar. Despois, agardaba a chegada das lanchas do Anllóns para ser transportada nun primeiro momento ao porto de cabotaxe de Corme para proseguir a súa viaxe por toda a costa peninsular española. Máis tarde, co porto de Ponteceso e a aduana mudarían as tornas para saír ao mundo directamente desde a desembocadura do río Anllóns.

Naquela época era frecuente que empresarios locais botaran os seus propios barcos no peirao de Ponteceso. Estas cerimonias eran motivo de festa e todo a vila asistía a elas.

Fonte

  • Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo

Comentarios