Martes. 23.04.2024
El tiempo

A militancia do PSdG, pouco máis dividida nas Primarias que no resto de Galicia

A militancia do PSdG, pouco máis dividida nas Primarias que no resto de Galicia
A secretaria general do PSdG carballes Maria Torres A secretaria xeral do PSdG carballés Maria Torres votando nas Primarias socialistas Os militantes do PSdG da Costa da Morte corroboraron a elección de Gonzalo Caballero como novo líder dos socialistas. Pero o fixeron dun xeito moito máis apretado que no resto do país. Se a nivel galego Gonzalo superou a Juan Díaz Villoslada cun 58% dos votos, na Costa da Morte a diferencia foi semellante, pero con varios núcleos importantes nos que tería sido Villosada o escollido. Estas Primarias volven colocar ao Partido Socialista cunha única cabeza visible, 19 meses despois da dimisión de José Ramón Gómez Besteiro trala súa imputación na Operación “Pulpo”. Este pasado domingo 8 de outubro de 2017, foron os militantes de base os que decidiron que sexa o sobriño do alcalde de Abel Caballero o que reconquiste ao electorado e volva a disputarlle a Xunta ao PP. Parece que o paso atrás de Leiceaga a favor de Caballero foi clave para o devir destas Primarias.

As cifras da Costa da Morte

Primarias-do-PSdG-2017-na-Costa-da-Morte-3 Os votos demostran que a militancia socialista Costa da Morte aínda está moi dividida. Cunha participación aproximada do 60-70%, as cifras son interesantes. Se en concellos como Santa Comba ou en comarcas como Bergantiños a posición foi clara a favor de Gonzalo (con 47 polo 27 a Villoslada, sendo Malpica e Carballo as agrupacións máis afíns ao candidato gañador), polo resto da zona houbo máis variacións. Nos Concellos de Vimanzo, Muxía, Zas, Fisterra, Corcubión ou Cee, Villoslada foi o favorito. Pero a importancia das agrupacións de Dumbría, Camariñas ou Muros decantaron que nas comarcas de Fisterra, Soneira e Carnota-Muros o resultado sexa de gran igualdade. Agora, o PSdG xa se pon a traballar pensando nas vindeiras eleccións municipais de 2019, nas que intentará mellorar as 3 maiorías absolutas acadadas en 2015 na Costa da morte.

Máis información

Fonte

Comentarios