venres. 08.11.2024
El tiempo

“A miña casa non é a miña cárcere”

“A miña casa non é a miña cárcere”
Adisbismur levou por Muros a campana Arrestopolis 3 Adisbismur levou por Muros a campana #Arrestopolis

Durante a xornada de onte, entidades sociais vinculadas á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) saíron á rúa. E fixérono no marco da campaña #Arrestópolis, para esixir que se garanta a accesibilidade nos edificios de vivendas.

Fixérono en Santiago ducias de entidades de COGAMI, entre as que atopamos Íntegro e Adisbismur, protagonizando unha das 37 concentracións que se celebraron en España para reclamar que non haxa persoas con discapacidade sen poder saír da casa por falta de accesibilidade. Ademais, a entidade muradá de Adisbismur quixo levar a reivindicación ás súas rúas, e loitando contra o mal tempo realizaron unha completisima campaña de concienciación durante a mañá do pasado mércores.

Integro e Adisbismur na campana Arrestopolis en Santiago Integro e Adisbismur na campaña Arrestopolis en Santiago

“A miña casa non é a miña cárcere”

“A miña casa non é a miña cárcere” é o lema co que a Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) e as súas entidades, entre elas COGAMI, dan a coñecer a campaña #Arrestópolis, en referencia a aqueles edificios onde a falta de accesibilidade obriga a persoas con discapacidade a permanecer fechadas nas súas propias casas en contra a súa vontade.

As entidades lembran que o pasado 4 de decembro finalizou o prazo legar para que todos os produtos, bens, entornas e servizos foran plenamente accesible, por iso piden que as diferentes administracións, no ámbito das súas competencias, dean unha resposta satisfactoria a esta problemática e axilicen todos os trámites legais e administrativos necesarios para que os edificios sexan accesibles.

Tamén se quixo lembrar neste acto que esta problemática “non só afecta a persoas con discapacidade física, tamén ás que teñen patoloxías cardíacas ou outras tipoloxías médicas”.

Adisbismur levou por Muros a campana Arrestopolis 2

Cifras que asustan

O estudo “A accesibilidade nas vivendas de España” da Fundación Mutua de Propietarios (presentado en marzo de 2018) destaca que só 0,6% de los 10 millóns de edificios de vivendas de España cumpre coa regulamentación:

  • Un 63% de los edificios non son accesibles da rúa ao portal porque  teñen escaleiras nese punto. Só o 37% restante conta con ramplas e accesos destinados a persoas con discapacidade ou de mobilidade reducida
  • Ramplas: o 28% dos edificios teñen rampla, pero nalgúns casos non é plenamente funcional
  • Ascensores: o 22% dos edificios non teñen ascensor e os que si contan con el, só nun 15% deles está incorporado o anuncio sonoro e o anuncio en braille dos botóns está nun 63% dos casos. Polo tanto, só o 7% dos ascensores é accesible.
  • Porteiros automáticos: O 14% dos edificios non posúen porteiro automático e, dos que o teñen, o 68% non é accesible para unha persoa en cadeira de rodas.
  • Buzóns: O 64% dos edificios non teñen buzóns accesibles dende unha cadeira de rodas.
  • Zonas comúns: só se consideran accesibles o 54% das zonas comúns, xa que persoas con necesidades especiais de accesibilidade non poden gozar plenamente de áreas como a piscina ou os xardíns e só o 18% dos garaxes son plenamente accesibles.
  • Motivos para a falta de accesibilidade: aínda que o 40% das persoas enquisadas cre que deberían facerse melloras de accesibilidade no seu edificio, o descoñecemento legal e os motivos económicos impiden a súa materialización. Só o 10% das obras de adaptación realizadas proveñen de axudas da Administración pública, o resto sufrágase con diñeiro da comunidade ou dos inquilinos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laxe-lembrou-que-a-accesibilidade-e-unha-necesidade-de-toda-a-sociedade/

Comentarios