Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A poboación diurna: Un dato revelador da morte da Costa da Morte como territorio socio-económico

A poboación diurna: Un dato revelador da morte da Costa da Morte como territorio socio-económico

Despois do primeiro adianto a morte da Costa da Morte como territorio social e económico, José Luís Louzán tráenos un novo avance extrapolando os datos do Instituto Galego de Estatística. Uns datos que chegan “por suposicion estatistica”, por careceren de certos datos a nivel municipal, polo que cómpre analizar polo miúdo.

A Poboación diurna na Costa da Morte: Un dato revelador

Carga de poboacion diurna na Costa da Morte Este dato ofrece un número, que é o que corresponde as persoas a tempo completo que están nun concello en relación coas que están rexistradas no censo dese concello. Para entendernos, se hai máis persoas de día que de noite, é evidente que ese concello congrega poboación a tempo completo, é dicir, para traballar, a persoas que en realidade están censadas noutros concello limítrofes ou non. Por exemplo, as principais cidades na provincia (A Coruña, Santiago ou Ferrol), presentan unha cifra elevada de persoas que acuden a tempo completo ao concello ofrecendo un saldo positivo, de 9.807 persoas na Coruña, 1.893 no Ferrol ou 7.199 en Compostela. Pero, a nivel comarcal, ocurre algo curioso, ben curioso. Cee, que perdíu preto de 35 millóns de euros de PIB nos últimos 6 anos e que leva perdendo poboación dende 2011, uníndose así ao resto de concellos da bisbarra, é unha das catorce vilas na provincia (14 de 95 concellos) que ofrece un saldo diurno positivo. De feito, si obviamos as grandes cidades na provincia que nomeaba antes, Arteixo (onde ten a súa sede Inditex), Bergondo (onde se sitúa o principal polígono na área da Coruña) e Padrón (cun completo parque empresarial e varias industrias pesadas nel), Cee é xunto con Cerceda (onde atopamos unha central térmica e as instalacións de SOGAMA) o único concello que ofrece saldo positivo. O único. 174 persoas que non son de Cee nin residen en Cee veñen cada día a traballar a Cee a xornada completa. Cabe recordar, chegados a este punto, que case 7 de cada 10 empregos en Cee pertencen ao sector servizos, segundo os datos de afiliación a Seguridade Social do último trimestre de 2018. 7 de cada 10. De feito, o 68% do total da xente que traballa en Cee o fai no sector servicios. Por contra, só 2 de cada 10 (nin sequera 2) proveñen do sector industrial. Seguindo este fio, a conclusión podería resultar evidente: dado que aparentemente Cee dá de comer a un bo número de familias fóra do seu ámbito municipal nos concellos do resto da comarca, e á vista de que eses concellos medran namentres Cee parece perder peso económico en caída libre, a pregunta é sinxela: Como vai facer o resto da comarca para compensar a Cee por este impulso?... en definitiva, vánnolo devolver?  

Novas relacionadas

 

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/a-necesidade-dunha-radiografia-do-ensino-publico-no-rural-galego/ https://quepasanacosta.gal/informe-para-evitar-o-desastre-economico-financeiro-da-costa-da-morte/

Comentarios