A A.C. Inllar cumpre 30 anos de tradición con nova directiva e novos cursos

O grupo Inllar, nacido no Couto hai tres décadas, está de aniversario. Tras 30 anos de percorrido, a formación dá un paso histórico: por primeira vez, por motivos alleos á asociación, trasládase fóra da súa localidade de orixe para instalar o local de ensaios en Neaño, onde espera seguir compartindo as nosas tradicións outros 30 anos ou máis.
Lonxe de perder forza, o grupo atópase máis vivo ca nunca. Recentemente experimentou un cambio de directiva e hoxe está dirixido por unha nova xeración de mozas de entre 19 e 24 anos, cheas de ilusión e ganas de manter viva a tradición.
Como vén sendo habitual, Inllar seguirá a ofertar este próximo curso clases variadas de gaita, percusión, baile, canto, pandeireta e baile libre, a cargo de David Puñal, Iria López, Antía Souto, Marina Torrado e Paula Espada.
Coma sempre, as portas estarán abertas a xente de todas as idades que desexe achegarse á música e á cultura popular galega.
As inscricións pódense facer a través do instagram @a.c.inllar e do correo electrónico asociacionculturalinllar@