Xoves. 12.12.2019
El tiempo

A Rede Cultural traerá máis de 350 espectáculos á Costa da Morte

A Rede Cultural traerá máis de 350 espectáculos á Costa da Morte
Alcaldes e tecnicos culturais asinando a Rede Cultural da Deputacion Alcaldes e técnicos culturais asinando a Rede Cultural da Deputación

Asinado quedo defintivamente o programa da Rede Cultural da Deputación. Un programa fundamental para dinamizar o tecido tradicional do país, que permite levar 1800 actividades polos concellos da provincia, máis de 350 na Costa da Morte. Un programa que solicitan concellos e asociacións, que “representa na actualidade unha das ofertas culturais máis importantes da Galiza” e que “ten un significativo impacto na contribución ao sostemento do talento e a calidade das nosas creadoras e artistas”, como destacou a a vicepresidenta e reponsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Onte celebrábase a sinatura do programa (que ten máis de 2 millóns de euros de orzamento) ao que acodiron as alcaldesas, alcaldes e representantes locais de case toda a provincia.

Estruturada arredor de catro programas –Escena ao Vivo, Visións, Alicerce e Lingua a Escena-, a Rede Cultural 2018 presenta para os vindeiros meses unha axenda repleta de actuaciòns musicais, de danza, teatro, cinema ou maxia, entre outros.

358 actuacións fixadas na Costa

Podedes ir vendo na Axenda de actuacións Concello a Concello vendo as datas e os grupos que hai concedidos: 25 espectáculos en Cabana, 24 en Camariñas, 39 en Carballo, 24 en Carnota, 16 en Cee, 10 en Corcubión, 21 en Coristanco, 10 en Dumbría, 24 en Fisterra, 17 en Laxe, 16 en Malpica, 10 en Mazaricos, 21 en Muros, 23 en Muxía, 19 en Ponteceso, 8 en Santa Comba, 23 en Vimianzo, e 28 en Zas.

Máis información

Fonte

Comentarios