Xoves. 16.05.2024
El tiempo

“A ti tamén che pode pasar”. A nova campaña de Íntegro pola prevención das lesións medulares

“A ti tamén che pode pasar”. A nova campaña de Íntegro pola prevención das lesións medulares

É o lema da nova campaña que saca a Asociación Íntegro. “A ti tamén che pode pasar” pretende traballar na prevención sobre a prevención de lesións medulares, reforzando así a próxima campaña de sensibilización nos centros educativos da Costa da Morte con testemuños reais en primeira persoa, recomendacións e aportacións médicas encamiñadas á prevención.

A campaña, presentada esta semana no Marítimo de Oza, en A Coruña, durante a celebración da I Xornada sobre Lesión Medular, baséase nun vídeo documental de 17 minutos.

Os especialistas focalizan na prevención, dando conta da necesidade de reeducar á sociedade e, especialmente, aos máis novos/as co fin de evitar prácticas de risco innecesarias que poidan derivar en situacións tráxicas e irreversibles.

Os accidentes de tráfico e os mergullos en praias e piscinas son, logo das caídas fortuítas no ámbito doméstico, as principais causas de lesión medular tal como se recolle no novo proxecto audiovisual que Íntegro vén de realizar e no que tamén colaboraron institucións como a Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, a Dirección General de Tráfico e a Unidade de Lesionados Medulares de A Coruña, ademais da empresa de xestión social +PorVir e a clínica de fisioterapia Eva Senande.

Presentacion da campana pola prevencion de lesions medulares de integro Presentación da campaña pola prevención de lesións medulares de Íntegro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios