A TVE xa é trasna
19:27 28/09/15
El Escarabajo Verde da TVE veu facer O Camiño dos Faros e foi acompañado polos trasnos
Segue medrando o Camiño dos Faros. Esta iniciativa social, que trata de convertir un sendeiro dende Malpica ata Fisterra en Sendeiro de Longo Recorrido (GR) recibía a pasada semana unha visita singular. O programa de TVE “El Escarabajo verde”, unha das referencias en materia conservacionista da televisión estatal, desprazou a 5 profesionais para facer un especial deste roteiro, que xa é emblema da Costa da Morte.
Quedaron encantados os realizadores da cadena, disfrutando de cada paisaxe e de cada un dos 50 bravos trasn@s que acompañaron á expedición durante os 200 quilómetro da ruta. Ademais da natureza, foron protagonistas persoeiros da zona como Suso Lista, Rafael Lema, José Luis Rabuñal ou Juan Carlos Canosa, que foron a voz da Costa da Morte para explicar a nosa esencia.
Agora toca esperarmos ata o mes de outubro, polo documental de 28 minutos co que deleitarán a todo o estado, despois dun complicado corte das 14 horas de material gravado. 14 horas cun tempo cambiante que permitiulles comprobar a verdadeira Galicia, cando nun só día pode pasar do sol á máis densa néboa.
Novas sobre o Camiño dos Faros
- Os trasn@s cabalgan sós.
- O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido.
- O Camiño dos Faros como ruta de integración para a diversidade funcional.
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).