A última asemblea da Asociación Neria?

- Última hora: Trala reunión de alcaldes celebrada o luns 19 de setembro, a asemblea convocada para o martes 20 queda posposta ata despois dunha reunión co presidente da Deputación.

Este martes 20 de setembro de 2016 pode ser un día histórico para a Costa da Morte. Unha das entidades máis importantes da nosa historia recentes pode desaparecer. O martes hai asemblea xeral, e un dos puntos da orde do día debería ser a disolución dunha entidade avocada ao seu fin.
O luns hai reunión previa entre os directivos e os socios, os alcaldes, como responsables dos Concellos. O caso é que á última reunión só foron 4 alcaldes (os de Camariñas, Fisterra, Laxe e Corcubión, que nin sequera forma parte da asociación dende hai tempo, igual que os saíntes Cabana, Malpica, Mazaricos, Vimianzo e Zas) ademais dos 3 responsables da Neria, entre os que non estaba Xan García, a pesar de que segue facendo traballos de “colaboración” para a entidade.
As débedas seguen afogando unha entidade en quebra dende 2014, con denuncias de índole laboral enriba e coa Deputación decidida a pechar a porta e xa apoiando o novo ente xestor do sector turístico da bisbarra, o CMAT.
"Liquidación"
Boa parte dos alcaldes que aíndan forman parte da mítica “entidade supramunicipal” consideran que "non ten viabilidade", e que a única solución é a liquidación e ir asumindo esa débeda, aprazando pagos e intentando financialos, "que lle afecte o menos posible aos Concellos".
"Podería ser a última asemblea, si", recoñece o propio alcalde de Zas, outro dos concellos que non forma parte da Neria dende hai meses pero que considera que ten que estar, e ten que asumir responsabilidade no proceso de disolución da entidade. "Nós a última cota xa lla pagamos directamente a Montoro, a Facenda, e crimos que non era de recibo, por iso saímos a finais do ano pasado".
As causas da caída
"O que si é que temos que aprender dos erros que nos levaron ata aquí. Neria convertiuse nun fin en si mesma, e creou unha burocracia que facía necesaria unha gran cantidade de orzamento para manter a súa infraestrutura, para autoabastecerse".
Un novo "lobby" de presión política
"Unha entidade que, en todo caso, ten dado moito á Costa da Morte", lembra Manuel Muíño. "Gracias á Neria conseguimos unir á bisbarra e traermos o Hospital de Cee. Como "lobby" de presión foi un medio moi válido, e agora fará falta outro ente que nos aglutine a todos os Concellos nunha mesma voz, para reclamar a cantidade de cousas que nos falta", propón o alcalde zaense en clave de comarca.
Novas relacionadas- Setembro 2016: Piden que o Concello de Cee abandone a Neria.
- Marzo 2016: Xa son 5 os Concellos que abandonan a Asociación Neria.
- Xaneiro 2016: Mazaricos sae da Neria e busca abrir o Polígono.
- A Deputación auditará as contas da Neria
- 16-02-15: Piden unha auditoría das contas da Neria.
- Ata a Deputación denuncia as débedas da Asociación Neria.
- 04-12-14: Radiografía da Neria por unha ex traballadora.
- 30-11-14: A Neria, en quebra.
- 03-09-14: Denuncian adxudicacións ilegais á Neria.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- O Museo sen luz.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M.
- 12-09-12: O C3M estará en marcha en marzo de 2013.
- 2011: A innovación tecnolóxica da Costa segue á espera do C3M.
- Agardando polos códigos Qr.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)Novas relacionadas