Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta determina a perda definitiva dos dereitos mineiros de Corcoesto por parte de Edgewater

A Xunta determina a perda definitiva dos dereitos mineiros de Corcoesto por parte de Edgewater
As oficinas de Edgewater estan pechadas-Foto-Economia Digital As oficinas pechadas de Edgewater-Foto-Economia Digital

Ratificaba esta semana pasada a Xunta a perda dos dereitos mineiros de Corcoesto por parte de Edgewater anunciada o pasado mes de xaneiro. A Xunta de Galicia resolvía que as concesións mineiras de Corcoesto están caducadas, tras unha pregunta do Grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) á raíz da petición da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.

A Xunta de Galiza, despois de estudar as alegacións presentadas por Mineira de Corcoesto (Edgewater Exploration), desestimou o recurso de Edgewater contra a denegación do proxecto de explotación de ouro na mina de Corcoesto, proxecto mineiro que xerou unha fortísima contestación social non só na Galicia senón cunha moi importante repercusión internacional.

"Remata así unha loita popular cunha nova vitoria na loita de resistencia contra megaminaría destrutiva", declara a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, que quere amosar a súa "satisfacción polos éxitos acadados nesta loita popular na defensa da nosa terra e do noso xeito de vida fronte aos intentos do novo colonialismo por destruír os nosos recursos e a nosa terra". Agradecen ao mesmo tempo "a todas as persoas, colectivos sociais, concellos, partidos políticos, organizacións sindicais, ecoloxistas… que dende un primeiro momento puxéronse do lado da nosa loita conseguindo entre todos e todas parar esta barbarie".

En todo caso, anuncian que seguirán "con atención todos os posibles movementos que se poidan producir nun futuro porque somos conscientes que onde exista un recurso será obxecto da avaricia do capital máis destrutor ,que disfrazado de falsas promesas de prosperidade pode volver a intentar esta actividade coa complicidade da política subordinada a estes poderes económicos".

Novas relacionadas

Fonte

  • Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.

Comentarios