Aberta a inscrición para sesión formativa deste vindeiro luns en Cabana sobre creación de experiencias turísticas
Unha vintena de profesionais participaron este pasado luns na segunda sesión formartiva do proxecto Os Fogóns do Anllóns. Unha sesión online dirixida polo consultor Alberto Galloso sobre “Boas prácticas para o ensamble do sector primario e restauración”.
O programa formativo continúa este luns 25 de novembro coa súa cuarta sesión: "Obradoiro de creación de experiencias turísticas". Esta sesión levará a cabo de forma presencial na Casa do Pendón en Cabana de Bergantiños, de 16:30h a 19:30h.
O obradoiro será impartido por Elena Soler, Consultora Senior en Castro Tourism Advisor. Na cal se traballará de forma práctica e dinámica a conceptualización e deseño de experiencias a través da aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións anteriores.
Nesta sesión, tamén teremos o pracer de coñecer o proxecto das Redeiras Illa da Estrela, onde as cormelás Rosa e María Jesús explicarán a súa iniciativa e como conseguiron diversificar a súa actividade ecolóxica a través da moda.
A inscrición poderase realizar a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/
Esta é a penúltima sesión do programa formativo. A última sesión será impartida o 2 de decembro en a Casa da Cultura (A Laracha) por Juan Castro, CEO de Castro Tourism Advisors.
Máis novas do proxecto