Sábado. 11.05.2024
El tiempo

O alumnado o CPI As Revoltas afronta a recta final do curso a base de documentais

Documentais no CEIP As Redondas
O alumnado o CPI As Revoltas afronta a recta final do curso a base de documentais

A Biblitoeca do CPI das Revoltas prepara un par de proxeccións documentais para este remate de curso. Dúas actividades enmarcadas no proxecto documental integrado sobre "A nosa contorna", que trata de achegarse, neste caso á realidade do mar por un lado, e á integración das sociedades maghrebíes e de fala árabe, debido a que no centro acollen neste curso tres rapaces de orixe marroquí.

Así, o alumnado de secundaria desta escola, asistirá a proxección e posterior debate coas creadores de dous documentais.

O martes, 14 de xuño, ás 16h teremos as realizadoras de ”Caneliñas, a Costa das Baleas", Paula Castiñeira e María González, xornalistas e veciñas de Cee, presentando este documental interactivo sobre a derradeira factoría baleeira en funcionamento na Península, pechada desde finais dos anos oitenta.

E o xoves, 16 de xuño, ás 12.30, recibiremos a Celeste Seoane, xornalista, tradutora, viaxeira e profesora de árabe na EOI da Coruña, que realizou unha mediometraxe, "A música árabe hoxe". Grazas a ela faremos un percorrido a través de diversos xéneros musicais contemporáneos en lingua árabe, desde Beirut ata O Cairo pasando por Ramallah.

Novas relacionadas

Comentarios