Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ana Ruíz expón a infinita beleza da Costa da Morte no Dolmen de Dombate

Exposicion Infinitum Ana Ruiz Dolmen de DOmbate-Cabana
Ana Ruíz expón a infinita beleza da Costa da Morte no Dolmen de Dombate

A fotógrafa costeira Ana Ruíz segue levando a beleza da Costa da Morte por toda a comarca. Desta volta faino nun sitio de especial repercusión: o Dolmen de Dombate.

A mostra ‘Infinitum’, organizada polo colectivo Ponteceso Cultura Permanente en colaboración co Concello de Cabana e a Deputación da Coruña, estará dispoñible desde o 10 de abril ata o 27 de maio.

O traballo de Ana Ruiz, segundo explica, pretende “transmitir o que a súa alma percibe, poñendo todo o sentimento e a ollada en cada foto e mostrando o que moitas veces non se percibe a simple vista”.
Ademais de recibir o premio á mellor fotografía do ano no concurso ‘Presume de Galicia’, convocado polo Clúster de Turismo de Galicia, Ana Ruiz realizou as exposicións ‘De tu luz y mis sombras’ e ‘El Alma del Mar’ en numerosos espazos da Coruña e a Costa da Morte. Tamén colaborou coas súas imaxes nos libros ‘O Corazón do Pirata’ e ‘Soños de Pirata’.

Novas relacionadas

Comentarios