Un ferido tras un Aparatoso accidente dun camión en Cabana
09:51 29/03/22
O condutor dun camión tivo que ser atendido polas Urxencias Médicas con varios traumatismos na cabeza tras un complicado accidente rexistrado esta pasada tarde de luns na AC-552, ao seu paso polo Concello de Cabana, no km.45.
Tratábase dun camión ríxido que transportaba vigas metálicas que sufría unha saída de vía. GES Ponteceso, ambulancia SVB, enfermeira e médica do PAC, Garda Civil de Tráfico e conservación de estradas, acodiron ao lugar ademais dos Bombeiros de Carballo, que procederon a asegurar a situación do camión procedendo ao corte das baterías.
O ferido foi trasladado consciente ao CHUAC.