Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Arrincaron as obras de ampliación do Centro de Día de Cabana

CentrodediaCabana1
Arrincaron as obras de ampliación do Centro de Día de Cabana

Xa están en marcha os traballos de mellora e ampliacións das instalacións do centro de día de Cabana, un proxecto aprobado o pasado mes de marzo, que conta cun orzamento de 304.394,86 euros cofinanciados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención de 200.000 euros,

Deste xeito, o novo centro de día contará cunha superficie útil de 335 metros cadrados fronte aos 135 dos que dispón na actualidade. Isto permitirá incrementar o número máximo de usuarios, que pasará dos 25 ata os 40.

A nova distribución será dunha planta baixa, primeira e segunda que serán de uso cotián. As plantas con vivendas accesibles para usuarios de cadeira de rodas dispoñerán de ascensor ou rampla que as comunique coa entrada ao edificio.

Novas relacionadas

 

Comentarios