As axudas da Deputación para Promoción Económica
A Deputación da Coruña destina 999.918,25 euros a financiar investimentos de promoción económica nos concellos e entidades locais da provincia durante o ano 2016. Cuestións como adquisición de novos equipos informáticos para os concellos, acondicionamento de camiños rurais, parques infantís e biosaudables, proxectos de mellora do alumeado público e da eficiencia enerxética de instalacións municipais, ou creación de páxinas web e dixitalización de arquivos son algúns dos 95 proxectos subvencionados.
Seis destas axudas (as dos concellos de Fisterra, Muxía, Ortigueira, Rois, Santa Comba e Vimianzo, sombreadas na listaxe) están condicionadas a achega de documentación complementaria por parte dos concellos beneficiarios da subvención.
As achegas oscilan entre os 2.995 euros que precibirá o Concello de Zas para a construción dun muro de cerramento en Baio ata os 37.960 euros cos que a Deputación subvencionará a mellora do sistema de iluminación do Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña.
FOAYIA 2016 | Programa de subvencións dirixido a concellos e outras entidades locais par investimentos de Promoción Económica ano 2016 | Cantidade |
Cabana de Bergantiños | Acondicionamento/Reforma locais municipais e mellora parque infantil | 6.191,63 |
Camariñas | Acondicionamento de camiños e reforma do mercado13.571,85||
Carballo | Estructuras para espacios públicos para realización eventos de dinamización comercial19.962,82||
Carnota | Portal cidadán8.996,50||
Cee | Mellora das infraestructuras municipais de Promoción económica e formación 20166.785,95||
Corcubión | Sinalética zona PEPRI2.799,47||
Coristanco | Dixitalización dos arquivos municipais e creación de aplicación móviles7.400,00||
Dumbría | Interior en Ferrio13.565,13||
Fisterra | Mellora alumeado no paseo marítimo de Sardiñeiro e na Rua Real, Praza Constitución. Instalación alumeado no paseo de Langosteira13.600,00||
Laxe | Investimentos en Promoción Económica 201613.600,00||
Malpica de Bergantiños | Acondicinamento camiños en Pontella, Bareango e Barizo6.798,25||
Mazaricos | Investimento Promoción Economica 2016. Suministro de luminarias led e postes para alumeado publico e vías públicas na Praza da Feira14.482,07||
Muxía | Adquisición e dotación de mobiliario e equipamento para servicios municipais17.983,82||
Muros | Mellora do alumeado publico na parroquia de Abelleira8.569,50||
Ponteceso | Programa de investimentos de Promoción Económica 201613.581,90||
Santa Comba | Hormigonado de accesos zona de muelles de carga do Recinto Feiral 201613.583,48||
Vimianzo | Investimentos para Promoción Económica de Vimianzo 201613.586,05||
Zas | Muro de cerramento e ampliación de calzada en Rúa das Hortas (Baio)2.995,15
Novas relacionadas
- Concellos e asociacións xa poden solicitar os máis de 2.000 espectáculos inscritos na Rede Cultural da Deputación.
- A deputación adxudica as obras de mellora das estradas.
- As obras do POS da Deputación en cada concello.
- A Deputación comprométese a investir máis de 13,5 millóns de euros na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).