xoves. 01.05.2025
El tiempo

As débedas municipais descubren moitas mentiras electorais

As débedas municipais descubren moitas mentiras electorais
Debeda Municipal 2014 Concellos Costa da Morte

Veñen de facerse públicas as débedas municipais de 2014. Un asunto do que xa nos ten falado o noso especialista en economía municipal, Domingo Guerra, e que deixan nunha situación comprometida as promesas electorais. Falaron moitos en campaña de superávit, cando as cifras sinalan que a débeda municipal seguíu medrando.

Precisamente Domingo analizaba asituación da Débeda viva a 31/12/2013, en pleno proceso de amortización da débeda co Plan Montoro. E os datos seguen sendo semellantes.

Agora temos 4 concellos sen débeda ningunha, unha cifra que hai que valorar e felicitar. Aos Dumbría e Zas, nesta lexislatura hai que unir os concellos de Mazaricos e Muxía, que se puxeron ao día nestes anos. Malpica e Coircubión teñen tamén os deberes feitos e están reducindo a débeda considerablemente.

Pero esa situación contraponse cos números de Coristanco, Camariñas, Carnota, Laxe, Muros ou Ponteceso, con cifras semellantes ás de Carballo en termos de débeda tendo un orzamento moito menor. As realidades máis duras son precisamente nestes concellos con cifras altas, onde ademais non se reduxeron nos últimos anos, a pesar da presentación en clave positiva das contas municipais. Así, Carnota, Cee, Coristanco, Muros e Ponteceso aumentaron considerablememnte a súa débeda.

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios