Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Bergantiños únese contra a falta de cumprimento dos horarios de autobuses

Bergantiños únese contra a falta de cumprimento dos horarios de autobuses
Autocares Vazquez no punto de mira polo servizo de transporte en Bergantinos Autocares Vazquez no punto de mira polo servizo de transporte en Bergantiños

Segue sendo o servizo de transporte colectivo (que non público) un problema eterno na Costa da Morte. Saben da nosa preocupación por este asunto, tendo activo o único espazo unificado cos Horarios de Autobuses de toda a Costa da Morte. E por iso estamos pendentes estes días das vindeiras xuntanzas claves para o futuro do servizo.

Xa van 19 denuncias presentadas ante a Dirección Xeral de Mobilidade polos Concellos de Malpica, Laxe e Ponteceso ante o reiterado incumprimento da empresa Autocares Vázquez das liñas bergantiñás. Segundo nos conta Eduardo Parga, alcalde de Malpica, “estes expediente van adiante, estanse tramitando” e haberá que ver en que rematan. “A empresa retira liñas porque se queixa que non hai persoas, pero cando contratou coa Xunta tiña unhas liñas pedidas e non pode quitalas, ademais sen avisar”, denuncia Parga. “Nós pedimos que cumpran os requisitos, que manteñan as liñas que retiraron en setembro, non pedimos máis”, sinala o alcalde, que xunto aos seus homónimos de Laxe e Ponteceso, manterán a tarde deste martes 26 de xaneiro unha xuntanza coa empresa na vila de Pondal, convocada por Lois Carballido.

Os alcaldes entenden que para que haia un servizo decente, ten que ser haber liñas pola mañá e pola tarde, para que os veciños poidan ir e voltar no día á capital herculina. Non é moito pedir. O gran problema é que a rendibilidade non pode ser un argumento, como propón a empresa ante a falta de usuarios, nun servizo que debe ser de orde pública.

Son os veciños os que levan denunciando estas carencias nos últimos meses. Por Laxe recolleron unha marea de sinaturas. Dende Coristanco tamén se presentaron denuncias ante a Xunta e por Corme as asociacións de veciños alzaron a voz publicamente.

Máis información

Fonte

Comentarios