Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cabana busca futuros inqulinos para restaurar as antigas vivendas de Mestres

Cabana busca futuros inqulinos para restaurar as antigas vivendas de Mestres
Antigas vivendas dos mestres de Cabana Antigas vivendas dos mestres de Cabana

Xa hai dúas restauradas que serven de albergue municipal. Pero o Concello de Cabana quere restaurar as antigas vivendas dos mestres que aínda quedan por recuperar para incluílas na base de vivendas de aluguer municipais. Para iso, para pedir unha subvención á Xunta de cara á súa rehabilitación como vivendas, e darlle acceso en réxime de alugamento no programa de Vivendas Baleiras, ten que contar unha serie de solicitudes, pois entre os requisitos de actuación están o de contar cun número demandantes de vivenda inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia no seu concello, cando menos igual ao de vivendas para as cales se solicita a axuda.

De aí que o Concello abra o proceso de solicitude e invite ás persoas que estean interesadas a anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello, no número de teléfono 981 75 40 20. Cómpre destacar que os solicitantes teñen que ter en conta que se trata de vivendas para residencia habitual e permanente de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples.

Antigas vivendas dos mestres de Cabana.jpg 2 Antigas vivendas dos mestres de Cabana

Comentarios