Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Carballo e Santa Comba manteñen efectiva a baixada do paro na Costa da Morte

Carballo e Santa Comba manteñen efectiva a baixada do paro na Costa da Morte
Novos datos do paro eran presentados esta mañá. E as cifras amosan unha Desaceleración na creación de emprego, provocada en parte porque a Semana Santa foi o pasado mes de marzo. De feito, o “sector turístico" e a hostelería non son quen de manter o emprego creado en Marzo. Agardemos a ver as contratacións do sector público de cara a campaña de verán este mes. Así, por exemplo, Muros, Corcubión, Fisterra e Ponteceso perderon en abril todo o emprego creado dende febreiro. Muxía e Camariñas manteñen o gañado e Cabana, Carnota, Cee, Coristanco, Dumbria, Santa Comba ou Zas melloran resultados.  Un dos datos máis impactantes é o seguinte:  Dos 100 novos empregos creados este mes, 39 foron só en Carballo (40%) e outros 24 en Santa Comba. Así que os demais concellos só foron quen de crear 33 postos de traballo en total en abril.

Comentarios