Venres. 19.04.2024
El tiempo

A cativada de Cabana pon a mochila da igualdade

Cabana Mochila de Igualdade
A cativada de Cabana pon a mochila da igualdade

O proxecto “Mochilas pola igualdade” continúa formando unha conciencia de respecto da cativada de Cabana. Esta semana, o Concello entregou un saquiño aos peques do CRI As Revoltas. Uns sacos con historia.

A idea era que o alumnado cabanés traballase de forma cooperativa e perspectiva de xénero, modificando as actuacións discriminatorias e facer presión para eliminar os obstáculos que impiden a participación das mulleres en igualdade de condicións que os homes en calquera ámbito da vida.

Así o alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI As Revoltas traballaron un total de 100 minutos en aula arredor do proxecto. Imprimíronse 270 mochilas que poderán empregar, a partir de hoxe, todas e todos os nenos do municipio para lembrar á sociedade da importancia que é educar en igualdade e contar con valores positivos para acadar a equidade no futuro.

Neste obradoiro, as nenas e nenos deseñaron eslogans relacionadas coa temática da igualdade entre mulleres e homes para despois imprimilo nos saquilños que hoxe acabaron nas costas darapazada do centro CPI As Revoltas e da escola unitaria no derradeiro día de clase.

Os deseños foron o resultado dun traballo previo no que as nenas e nenos se documentaron sobre os contidos a tratar (desigualdades sociais, educativas, laborais, acoso, violencia de xénero) para plasmar nunha mochila o resultado das súas impresións e aprendizaxe a través dunha perspectiva crítica.

Comentarios