O ACB Costa da Morte únese a Canastas Contra o Cáncer Infantil
O Club ACB Costa da Morte súmase á cuarta edición de 'Canastas Contra o Cáncer Infantil', unha iniciativa da Fundación Unoentrecienmil para impulsar a investigación do cáncer infantil.
Este sábado, no Pazo Municipal de Cee, varios equipos do club participarán en partidos solidarios para recadar fondos e apoiar proxectos de investigación que buscan curar esta enfermidade que afecta a 1.600 nenos e nenas en España cada ano.
"Sumarnos a Canastas Contra o Cáncer Infantil é dar un paso adiante para alcanzar unha cura para esta enfermidade", declarou o presidente do Club ACB Costa da Morte.
A Fundación Unoentrecienmil dedícase a impulsar proxectos de investigación para encontrar a curación plena da leucemia infantil, o cáncer máis frecuente en nenos.
O Club ACB Costa da Morte invita a todos a unirse a esta causa solidaria e apoiar aos nenos e nenas que luchan contra o cáncer infantil.
Horarios dos partidos:
- Infantil: Sábado 16:00 - ACB Costa da Morte vs Basket Xiria
- Sénior: Sábado 18:00 - ACB Costa da Morte vs Latabarra
- Cadete: Sábado 20:00 - ACB Costa da Morte vs Baloncesto Culleredo
Ademais, o venres disputaranse unha serie de partidos amigables contra o CB Sa Cabaneta de Palma de Mallorca, que se desprazou para xogar unha serie de partidos amigables entre distintos equipos de ambas entidades.
- Sénior masculino: Venres 20:30 - ACB Costa da Morte Negro - CB Sa Cabaneta "B"
- Sénior masculino: Venres 22:00 - ACB Costa da Morte Blanco - CB Sa Cabaneta "A"
- Sénior femenino: Domingo 12:00 - ACB Costa da Morte Feminino - CB Sa Cabaneta