Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate vivirá unha actualización dixital

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate vivirá unha actualización dixital

Novos contidos,  máis medios expositivos e unha nova planificación dos espazos. Eses son obxectivos principais da nova intervención museística formulada pola Deputación no Centro de Interpretación Dolmen de Dombate. As áreas de Patrimonio e de Turismo vén de licitar o contrato para esta intervención cun orzamento de 116.157 euros e un prazo para que as empresas interesadas presenten ofertas que abrangue ata o 30 de agosto.

Piden apostar pola utilización de recursos virtuais e audiovisuais que inclúen, entre outros elementos, contidos de animación virtual en 3D que integren tanto imaxes actuais como antigas, proxeccións multimedia, recreacións virtuais que permitan ao público trasladarse á Prehistoria, unha aplicación para dispositivos móbiles de realidade aumentada ou dispositivos táctiles con xogos interactivos que fomenten a participación activa por parte do público visitante.

Comentarios