Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Centro Arqueolóxico de Dombate inaugurou o Mediodía Musical cos artistas Óscar Ibáñez e Fernando Fraga

FB_IMG_1565643467526
O Centro Arqueolóxico de Dombate inaugurou o Mediodía Musical cos artistas Óscar Ibáñez e Fernando Fraga

sobre o concerto-master class que impartín no dolmen de dombate o pasado 11 de agosto. Grazas por informar sobre el, pero gustaríame facer algunhas puntualizacións.

Sinto que en ningún momento se fale de que era un concerto ou clase maxistral de acordeón. Instrumento sobre o que se centrou todo. Ofrecéreronme dar o concerto -charla de acordeón e eu convidei a oscar ibañez, alex castro e o grupo sons do castro. Lendo o  artículo parece que o convidado fun eu.

O músico ceense Fernando Fraga ofreceu a pasada semana unha clase maxistral arroupado polo recoñecido gaiteiro Óscar Ibáñez. Foi no marco incomparable do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate, catedral do megatilismo galego, onde se inauguraba o primeiro Mediodía Musical dentro do calendario de actividades programadas para este serán. 

Fraga deu unha masterclass e quixo invitar para dar un concerto a artista, docente, documentalista e investigador Óscar Ibáñez, así como a Álex Castro e o grupo Sons do Castro.

O gaiteiro poiense Ibáñez, que, dende o 2014, é o profesor de gaita da Escola Municipal de Cee, atópase moi centrado na súa banda de directo ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO con excelentes e coñecidos músicos do folk galego. Unha banda xestada no 2012 con "Alén do Mar" e hoxe consolidada co espectáculo de directo "Da Terra" no que Óscar Ibáñez conta coa colaboración de numerosos convidados, bailaores, profesores de danza, bandas de gaitas, bandas de música e corais para ofrecer un directo máis enérxico e dinámico; unha posta en escea que oscila entre as 20 e as 100 persoas sobre o escenario.

"E un pracer inmenso repetir está experiencia á beira de Fernando Fraga e dentro deste marabilloso escenario que ofrece o Dolmen de Dombate. Interpretamos unhas pezas preparadas para a ocasión nun formato a dúo; unha posta en escea máis íntima e que nos achega máis ao público. Ademáis, actuamos conxuntamente cos Gaiteiros locais "O son do Castro" e algúns alumnos de Fernando. E pechamos o concerto cun tema que levamos sempre no repertorio e que, nesta ocasión, estabamos no lugar propio para tocalo, a muiñeira de Cabana" confesou o polifacético artista que xa está a traballar no seu próximo proxecto de cara a primaveira do 2020; unha grabación CD,VD do espectáculo "Da Terra" no que contará con novos convidados, conxugando a música coa danza e a parte visual para obter un espectáculo que trascenda máis alá dun concerto.

O son do Castro é o grupo de música tradicional galega local. Entre as súas actuacións cabe destacar a realizada no programa da Crtvg "Luar" e a colaboración con Carlos Núñez durante un concerto ofrecido polo artista en Borneiro. Fernando Mato Vilariño lidera a este grupo de músicos amantes da cultura galega e das súas tradicións e falou en nome de todos con Alejandra Plaza sobre esta nova experiencia en Dombate.

"A actuación de "O Son do CASTRO" con Óscar Ibáñez no dolmen como grupo é desas actuacións que vivimos a modo de galardón. E un reto a conseguir donde tes que dar o mellor de ti para poder estar á altura do artista que estás acompañando. Tamén tivemos o gran gusto de tocar con Carlos Núñez. Para nós foron dous grandes eventos e metas. Neste tipo de actuacións ves reflexado un montón de horas de ensaio e traballo para conseguir que saia todo acorde cos grandes profesionais, con estes artistas e grandes gaiteiros. Dentro da nosa humildade,  estamos moi contentos que Óscar Ibáñez e Fernando Fraga contaran con nós. Son un exemplo e nos sirve para millorar sempre no mundo da música. A perfección non existe e a teima por superarnos é constante. Un bo gaiteiro e un bo grupo morre sin chegar ao fiume. Tamén me parece moi positivo que esta xente conte con grupos da nosa zona nos seus concertos. Eso da moito ánimo e forza para continuar".

A pasada fin de semana e, durante o segundo Mediodía Musical, os asistentes disfrutaron de varias coplas de Borneiro de man de Olga Kirk e Pablo Díaz.

Pablo Diaz e Olga Kirk en Dombate

Comentarios