Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Ceo dende Castro Borneiro volveu brillar

Estrelas do Ceo Cabana
O Ceo dende Castro Borneiro volveu brillar

Máxicas estas Noites de Estrelas de Cabana. Máis dun centenar de persoas, divividos en grupos de 10, disfrutaron este pasado xoves dun roteiro nocturno espectacular. Guiados por Jorge Mira, partiron do Dolmen de Dombate, e chegaron ao Castro de Borneiro, onde se realizou unha observación guiada da maxia do ceo nocturno cabanés.

Sentados nos diferentes recintos do Castro, máis dun centenar de participantes quedaron marabillados coas estrelas fugaces e a guía polas constelacións e os planetas que ofreceu o físico baiés. O investigador afondou en cuestións coma a evolución das estrelas, o seu tamaño, a teoría dos buracos negros ou o cambio climático.

A ‘Ruta das Estrelas’ é unha iniciativa que comezou no 2003 e que ano tras ano colleita centenares de observadores de estrelas. A situación sanitaria fixo que as últimas edicións estiveran adaptadas ás normativas para previr os contaxios por covid-19. O denominado como ‘turismo astronómico’ configúrase como unha alternativa de ocio segura e que gaña efectivos con cada ano.

Jorge das Estrelas Cabana3Ruta das Estrelas Cabana2

Comentarios