Chelo do Xastre expón en Dombate
O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate acolle ‘A Costa da Morte... Namora’, a exposición fotográfica de Chelo do Xastre.
A mostra está formada por 17 instantáneas tomadas entre o 2015 e o 2021 nas que a súa autora reflexa paisaxes da Costa da
Morte coma o Castro de Borneiro, destacando por riba de todo o seu afán por reflectir o carácter singular dos faros.
O Concello de Cabana é a cuarta parada dunha mostra que xa estivo presente con anterioridade en Arteixo, Fisterra e Caión e
as persoas que o desexen poderán visitala ata o vindeiro 11 de decembro no recinto arqueolóxico.
A súa autora sinala a súa ledicia por ‘poder compartir a miña fotografía nun lugar tan sinalado como o Dolmen de Dombate’ e
convida a ‘gozar dunha recompilación de imaxes coas que integrarse na esencia da Costa da Morte’, sinala.