Como secunda a Costa da Morte a folga feminista?

11:43 08/03/18

O Pequeno Comercio


A folga nos Concellos
Muros A Alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, é unha das grandes voces desta folga. Vai facer folga todo o día e nos conta que no concello muradán o 25% das traballadoras secundarán a folga, e boa parte dos traballadores/as do Concello van facer un paro de 2 horas. O Concello é un dos que non organizou para este 8 de marzo ningunha das actividades do completo programa para este Día da Muller a través do CIM, para facilitar a folta e permitir poder acodir á multitudinaia concentración ás 12:00h na praza do Concello. Fálanos Alfonso do “Cumio de alcaldesas” que acolle Muros ete venres 9 de marzo. A segunda edición deste cumio que nacía en 2016 á iniciativa da alcaldesa de Moaña. Estan confirmadas 8 alcadesas de toda Galicia, e o tema central é o empoderamento da muller, e será unha xornada completa, con presencia do alumnado dos IES de Muros para interactuaren e debatiren coas alcaldesa. Despois comida, e as 16:00h, visita guiada polo casco vello. e Peli “Llueven vacas” con debate posterior cunha das protagonistas da peli, aberta e con debate. Laxe e Vimianzo Os Concellos de Laxe e Vimianzoson outros que están dando exemplo e ambos enviaron notas de respecto, e mesmo apoio á folga feminista. En Laxe organizaron unha concentración con lectura de manifesto ás 12:00h, e por Vimianzo 10 traballadoras municipais e unha concelleira, Marta Rey, van secundala folga, provocando, por exemplo, o peche da Casa da Cultura (son 3 mulleres as traballadoras). Fisterra Por Fisterra tamén hai actividade. O Departamento de Cultura fai folga todo o día, así como as aulas Cemit e informática. Nas oficinas municipais hai un seguemento bastante completo pero non do 100%, pero as que non fan folga farán paro de 2 horas (de 12:00 a 14:00h). Ademais, outros exemplos como o Albergue Municipal, coordinado por unha brava muller, quedará pechado ao longo do día.Camariñas
Baleiro quedou o edificio municipal da “Casa de Pedra” onte pola Folga Feminista Internacional. O 84% das mulleres fixeron folga ,16 de 19, case todas a xornada completa. Os servizos incluídos neste edificio son: Servizos Sociais, incluídas as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e Técnica de Igualdade; Axencia de Desenvolvemento Local, Educación de Adultos, Mostra do Encaixe e, nestes días previos á mostra, Museo do Encaixe. No resto dos servizos municipais, tamén parou algunha das mulleres traballadoras. As persoas que pasaron onte á Casa de Pedra se mostraron comprensivas coa ausencia do persoal e, a maioría, mostraron directamente o seu apoio á folga. Outros exemplos En Muxía imos todas as mulleres e os homes apoian con servizos mínimos e fan expreso o seu apoio a todas as reivindicacións. Ademais, técnicas como Viki Rivadulla fan folga completa. Por Corcubión é unha a muller que fai folga completa, pero serán varias as que apoian as mobilizacións varias acudindo a concentracións convocadas pola CIG (12:00) e Buserana (20:00) en Cee. Outras políticas relevantes como a deputada sociaista Loli Toja fará paro de 12:00 a 14:00h.O Mar
Se ben hai portos como o de Fisterra onde non hai mulleres, en zonas como Bergantiños si que as mulleres son un colectivo principal no mundo do mar. E temos exemplos de todo tipo. Por Corme case todas as Redeiras farán folga. Non así por Malpica, onde apoian as mobilizacións pero non haberá un par completo. Tampouco en Camariñas, onde a patroa deixa claro que hai xornada de marisqueo e a lonxa traballa, e con ela, as mulleres do mar camariñán.Centros educativos

”Servizos mínimos”
Non pasa, ou non pode pasar o mesmo, en lugares como o Hospital de Cee, onde coma sempre, os servizos minimos esaxerados, obrigan a ir a traballar a case todos os profesionais.Axenda do mes da Muller na Costa da Morte
Novas do 8demarzo
- Laxe escribe marzo con M de Muller.
- As Buseranas animan a participar na internacional folga de mulleres do 8 de marzo:
Outras novas relacionadas
- Buserana: “Ser muller non é delicto. Tampouco no Nadal”.
- Repaso ao 25N-2017: A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas.
- O alumnado de Camariñas di NON ás Violencias Machistas en clave audiovisual.
- Zas súmase ao pacto das Buseranas para loitar contra a violencia de xénero.
- 10-11-17: 15 concellos da bisbarra aprobaron ou teñen previsto facelo a moción de Buserana por un pacto contra a Violencia de Xénero
- 03-07-17: O Concello de Cee, o primeiro en aprobar por unanimidade a moción contra a violencia de xénero da Buserana.
- 16-06-17: Buserana propón aos Concellos da bisbarra asinar un Pacto contra a Violencia de Xénero.
- Un #25N en violeta e En Negro
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)