mércores. 30.04.2025
El tiempo

O complexo Porto Cabana de Miramar ofrece un Samaín celta

Samain Cabana miramar
O complexo Porto Cabana de Miramar ofrece un Samaín celta

O complexo Porto Cabana, estreado este verán por Miramar Cruises, a axencia online de referencia na venda de cruceiros turísticos, acolle unha singular festa de Samaín.  
 
A entidade invita aos seus hóspedes e mais cos nenos e nenas de Cabana e dos concellos limítrofes a participar das actividades deseñadas específicamente para este espazo pola empresa compostelá de xogos e cultura galega Brazolinda.
 
Nas zonas comúns do complexo turístico de 15 chalets e 3 apartamentos instalaranse diferentes espazos nos que os nenos e nenas e tamén os maiores poderán disfrutar de dous días terroríficamente divertidos.
 
Os días 1 e 2 de novembro o complexo acollerá actividades interxeracionais, nos que maiores e nenos aprenderán sobre o Samaín, a festa gaélica que se celebraba o 1de novembro e que marcaba o comezo da tempada de colleitas e o inicio da tempada máis escura do ano. O día celta disque comezaba e terminaba ao solpor.
 
A maxia, o mundo celta e as tradición galegas protagonizarán as dúas xornadas temáticas que incluirán: 

  • Saídas pola natureza na procura de materiais para obradoiros
  • Creación de amuletos e manualidades con elementos de outono
  • Teatro de sombras sobre lendas galegas
  • Xogos de mesa, música e actividades de movemento para todas as idades

 
As actividades para os nenos e nenas aloxados son de balde e todos aqueles que queiran achegarse a disfrutar do ambiente e das actividades poderán facelo por 10 euros ao día ou ben 15 euros para as dúas xornadas. Pódese participar entre as 10 e as 13 horas polas mañás e entre as 17 e as 20 horas polas tardes.
 Todos aqueles que queiran facer reservas ou pedir información sobre os eventos poden facelo escribindo a booking@miramarstays.com ou por WhatsApp ao número 0034 616 174 310. As prazas son limitadas para o acceso ás actividades.

Máis novas

Comentarios