Miramar Cruises atraca en Cabana cun novo complexo turístico

Vistas de cine as que ten o novo establecimento turístico Porto Cabana by Miramar Stays. Anova división aloxativa integrada na marca Miramar Stays e xestionada pola axencia coruñesa Miramar Cruises, presentaban este pasado sábado as novas casas, que xa reciben visitantes dende este mesmo luns 1 de xullo.
Situados nun lugar excepcional como é o esteiro do Anllóns, o novo complexo turístico está composto por 18 apartamentos e zonas comúns nas que disfrutar da natureza e a tranquilidade dun dos destinos máis atractivos de Galicia.
Están orientados ao turismo familiar e perseguen a inmersión cultural no destino, enfocando a estadía ao deporte e benestar, ao descubrimento da gastronomía da zona e á observación da espectacular paisaxe na que se encravan.