Consternación e repulsa ante o asasinato de violencia de xénero de Canduas

14:30 20/08/18

Repulsa da Xunta
A Xunta realizou un minuto de silencio este mediodía amosando a súa condena polo asasinato.
Concentracións![]()
A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentración ao longo de toda Galicia para este martes 21 de agosto co lema "O Machismo Mata. Basta de Feminicidios". Na zona, a cita será na praza do Concello de Carballo ás 20:00h. Aí estará o Círculo Feminista de Carballo, mentres que as Buseranas, disgregadas estes días de vacacións pola xeografía do país irán persoalmente ás concentracións das vilas galega.
Repulsa de Esquerda Unida
Un dos primeiros comunicados de recibirmos foi o de Esquerda Unida, que “manifesta a súa condena o asasinato machista”. “A lacra do machismo precisa de medidas reais que poñan solución a unha situación que a diario está a ser denunciada por mulleres que a sofren. Non é posible soportar un asasinato máis. “A alerta vermella hai tempo que está activa e precisamos con urxencia políticas reais e efectivas para erradicar o machismo, en todas as súas facetas, das nosas vidas”. Así mesmo, a Marea Feminista lamenta os feminicidios desta fin de semana e ademais critica o tratamento mediático dos casos de violencia machista. A Marea aproveita para sinalar que "os medios de comunicación xogan un papel esencial no tratamento dos casos de violencia machista, e lamentablemente, a pesares das guías de boas prácticas, as sesións formativas…, a día de hoxe, a realidade é que moitos medios reproducen un enfoque patriarcal, centrando as novas en victimizar aos asasinos (con aspectos como que estaban deprimidos, non tomaban a medicación, etc.) ou desviando o foco de atención a elementos alleos á propia incidencia". "Os medios de comunicación informan, fan ideario colectivo, deben ser rigorosos. É inaceptable que se cuestione nos medios sistematicamente ás vítimas mentres se xustifica aos agresores. É inaceptable que se cuestione ás mulleres por tentar librar ás crianzas de agresores, pois os maltratadores non son bos pais. Non caben escusas para os crimes machistas. Non é de recibo buscar a compaixón cos asasinos machistas", sentenzan.Repulsa dos Concellos da volta
Ante o novo feminicidio acontecido onte no Concello de Cabana de Bergantiños, “o Concello de Corcubión quere expresar o seu máis sentido pesar á familia da vítima e convoca a cidadanía corcubionesa a unha concentración na porta principal da Casa do Concello, mañá martes, 21 de agosto, ás 12.00 horas para gardar un minuto de silencio como acto de rexeitamento do asasinato de Ana B. Varela Ordóñez”. ”Tolerancia cero contra a violencia de xénero porque o machismo mata!!!!!. Nin unha menos”, sinala a Concelleira de Muller e Igualdade de Corcubión, Manuela Fernández Louro. Así mesmo, o “Concello de Zas tínguese de negro para expresar o seu profundo pesar polo acto de violencia machista que tivo lugar onte á tarde en Canduas e manifesta o seu rexeitamento contra calquera tipo de violencia”.Concentracións silenciosas

