Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Denuncian que o borrador do PXOM deixa aberta a recuperación da mina de ouro de Corcoesto

Denuncian que o borrador do PXOM deixa aberta a recuperación da mina de ouro de Corcoesto
borrador-do-pxom-de-cabana-cos-dereitos-mineiros O borrador do PXOM cabanés inclúe un punto sobre os dereitos mineiros

Parecía unha batalla vencida pola sociedade civil ata que Petón do Lobo se preguntaba por uns datos no PXOM cabanés, a día de hoxe en fase de tramitación e co informe de impacto ambiental en exposición pública.

Imaxe dunha das manifestacións contra a mina de ouro de Corcoesto en 2013-Foto-Jose Manuel Ojén Imaxe dunha das manifestacións contra a mina de ouro de Corcoesto en 2013-Foto-Jose Manuel Ojén

A asociación bergantiñá sinala, despois de analizalos documentos, que “na páxina 15 da Memoria Informativa do futuro Plan Xeral de Cabana aparece reflexado aínda o proxecto mineiro de Corcoesto e fai referencia tamen a outros proxectos ou iniciativas mineiras que poidan ter lugar no futuro, e ademais, aparece un plano con cuadrículas mineiras onde están as Julias”.

Dende Contramínate, outra das entidades que máis traballaron por manter libre de ouro a zona, recoñecen que o proxecto da mina segue aparecendo no borrador do PXOM, e consideran “mosqueante” que despois de que a Xunta anulase o proxecto, o Concello siga entendo que os terreos se sigan contemplando como territorio destinado á minaría.

Súmase á denuncia a Plataforma Salvemos Cabana, que indica que “o texto garda "un novo intento do alcalde popular José Muíño de impoñer pola porta de atrás un futuro plan extractivo na parroquia". A entidade sinala que o documento fai “unha lectura torticeira do mapa municipal, facendo unha superposición dos límites municipais de Cabana de Bergantiños sobre o mapa de dereitos mineiros procedente da Subdirección Xeral de Minas da Consellería de Industria" afirmando que "gran parte do territorio municipal corresponde a seccións que teñen solicitado as prospeccións". Así, avanza que “tarde ou cedo se producirá un novo intento para reabrir o xacemento aurífero”.

Tanto Contramínate como Petón do Lobo van presentar alegacións a este Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O alcalde cabanés, José Muíño, manifestou reiteradamente a súa aposta polo proxecto e mesmo personou xudicial ao Concello en contra da anulación do mesmo por parte da Xunta e da empresa.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios