Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Dolmen de Dombate acolle a terceira xornada da Luz da Ciencia mirando o clima

Dombate1
O deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luis Penas, o alcalde de Cabana, José Muíño e o físico e catedrático da USC e director das aulas, Jorge Mira, participaron este martes na rolda de prensa desde o centro arqueolóxico de Dombate.
O Dolmen de Dombate acolle a terceira xornada da Luz da Ciencia mirando o clima
Presentadas están a terceira edición das aulas científicas da Luz da Ciencia dende o Dolmen de Dombate, ‘Meteoroloxía e clima’. O contido estará accesible ó público a través da web da Deputación.

Mabel Montes Rama, presentadora do informativo meteorolóxico na Televisión de Galicia, explicará como é ‘Contar o tempo pola tele’.

Juan Taboada Hidalgo, coordinador de MeteoGalicia, afondará nas particularidades climáticas da nosa comunidade con ‘De onde vén a riqueza meteorolóxica de Galicia? Explicación dos numerosos microclimas galegos’.

Estas terceiras aulas científicas contarán tamén coa achega de Susana Bayo Besteiro, investigadora no EPhysLab da Universidade de Vigo e directora e presentadora de El Tiempo en Telemiño e o xornal La Región, coa sesión ‘A pelexa da ciencia contra o cambio climático’.
Xavier Fonseca Blanco, xornalista científico de La Voz de Galicia, aportará respostas na súa intervención: ‘Está o tempo tolo? Non, a culpa é do Jet Stream’.

O director e coordinador das aulas científicas, Jorge Mira, explicou que “as xornadas volven reunir de novo a divulgadores e expertos do primeiro nivel e que contan ademais con experiencia diante das cámaras”. “É un verdadeiro luxo poder gozar dun evento así en aberto para todo o mundo”, concluíu.

Comentarios