Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Dolmen de Dombate convírtese nunha Aula Científica

Presentacion das Aula Cientificas na Aula de Dombate
Xosé Luís Pena (Deputación), Jorge Mira e Jose Muíño (alcalde de Cabana) na presentación das Aula Cientificas de Dombate
O Dolmen de Dombate convírtese nunha Aula Científica

Volve a actividade ao Dolmen de Dombate. Da man da Deputación da Coruña e a USC, e baixo a coordinación do físco baiés Jorge Mira, “a catedral do megalitismo galego” comeza en breve o programa ‘A luz da ciencia dende o Dolmen de Dombate’. Serán unha serie de aulas científicas que se desenvolverán dende este venres 26 de marzo durante todo o trimestre.

Continúa con este programa a estreita colaboración entre Concello e Deputación, así como a participación activa de Mira nas actividades cabanesas, que comezaban xa en 2003 coas Noites das Estrelas que aínda teñen unha acollida fantástica cada verán.

A primeira xornada tratará sobre astronomía, e abordará as boas condicións para o turismo astronómico no entorno de Cabana e a Costa da Morte, que conta cunhas condicións idóneas para a observación do ceo.
Falarán o astrónomo Borja Tosar; A. César González García, Presidente da Sociedade Europea para a Astronomía na Cultura; Fernando Rey Daluz, e Jorge Mira, ademais da organización dunha mesa redonda.

Mira concluíu valorando o proxecto: “unha aposta do máximo nivel comezando pola astronomía que está enraizado na maxia da provincia da Coruña e no dolmen de Dombate". E non desaproveitou a ocasión para lembrar que durante estes meses a nosa comarca acolle "o último solpor de Europa”, abrindo camiño a unha posible “estratexia que é a maxia da Costa da Morte para a explotación do turismo astronómico”.

As actividades serán tamén emitidas a través da rede (dende un día despois da celebración do acto) tanto nas webs da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal) como do Concello (http://www.concello-cabana.es/astronomiadombate).

Jose Muino Jorge Mira e Xose Luis Penas

Novas relacionadas

Comentarios